É unha pomba moi grande, ten uns 74 centímetros de lonxitude do corpo, coloración azulada afrisada con crista azul, peito castaño e iris vermello. A ave pode recoñecerse doadamente por posuír as únicas puntas brancas na súa crista. Soamente pon un ovo, o cal eclosiona despois de 30 días.