A dos gurinos (Gourinae) é unha subfamilia de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos.
A subfamilia comprende unicamente un só xénero, Goura, con catro especies.[1]
Taxonomía
Descrición
Subfamilia
A subfamilia foi descrita polo naturalista inglés George Robert Gray, na súa obra Genera of Birds (1844–1849).[3]
Xénero
En canto ao xénero, fora descrito en 1819 polo tamén naturalista inglés James Francis Stephens,[4] na páxina 119 da súa obra General Zoology.
Etimoloxía
O nome científico Gourinae está formado sobre a raíz do seu xénero tipo, Goura, coa adición do sufixo do latín científico -ínae, propio das familias dos animais.
Especies
Actualmente, segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional, recoñécense as catro species seguintes:[1]
A especie-tipo é Goura cristata, que foi descrita en 1764 por Peter Simon Pallas co nome de Columba cristata.[5][6]
Filoxenia
Resultados de estudos filoxenéticos indican que Raphus e Pezophaps pertencen ao clado Gourinae, resultado similar ao que se desprende das análises moleculares. As diferenzas entre os resultados actuais e estes son probabelmente debidos a caracteres converxentes que afectan á colocación dos taxons.
Un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 descubriu que as catro especies do xénero Goura formaban dous pares de clados: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria.[8]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1, 2019, do Congreso Ornitolóxico Internacional.
- ↑ The Penny Cyclopaedia of The Society for the Diffusion of Useful Knowlegge.
- ↑ Goura Stephens, 1819 no ITIS.
- ↑ Stephens, James Francis (1819). General Zoology, or Systematic Natural History (en inglés e latín). Volume 11 Part 1. London: G. Kearsley. p. 119.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1937). Check-list of Birds of the World. Volume 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 140.
- ↑ Bruxaux, J.; Gabrielli, M.; Ashari, H.; Prŷs-Jones, R.; Joseph, L.; Milá, B.; Besnard, G.; Thébaud, C. (2018). "Recovering the evolutionary history of crowned pigeons (Columbidae: Goura): Implications for the biogeography and conservation of New Guinean lowland birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 120: 248–258. doi:10.1016/j.ympev.2017.11.022.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas