Goroka é a capital da provincia Eastern Highlands, Papúa Nova Guinea. Ten aproximadamente unha poboación de 19.000 habitantes (2000), e atópase a uns 1600 m sobre o nivel do mar. Posúe un aeroporto (no medio do pobo) e está na "Highlands Highway", a uns 285 km de Lae, da Provincia de Morobe, e a 90 km de Kainantu, da Eastern Highlands.
Ten unha clima temperado coñecido como de "primavera perpetua".