O Gorilla beringei é unha das dúas especies do xénero Gorilla e o maior primate existente na actualidade. Á súa vez, o Gorilla beringei está dividido en dúas subespecies: o Gorilla beringei graueri e o Gorilla beringei beringei. O primeiro é o máis abondoso, con entre 4.000 e 5.000 individuos[2], mentres que en novembro de 2012, estimouse que a poboación total de Gorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o Gorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[3] Ademais, algúns científicos consideran unha terceira subespecie coñecida como Gorilla beringei beringei de Bwindi (que representa arredor da metade da poboación de Gorilla beringei beringei).
Notas
- ↑ Plumptre, A.; Robbins, M.; Williamson, E. A. (2016). "Gorilla beringei". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T39994A17964126. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ "Gorillas on Thin Ice". 15 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2016. Consultado o 19 de maio de 2010. : "The Eastern Lowland Gorilla population in the DRC has plummeted dramatically over the last 10 years, with probably only about 5,000 of the formerly 17,000 animals remaining."
- ↑ Aldred, Jessica (13 de novembro de 2012). "Mountain gorilla numbers rise by 10%". Consultado o 29 de xullo de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas