Gonzalo Allegue Otero, nado o 9 de setembro de 1946 en Vilanova de Arousa, é un profesor de literatura, ensaísta, editor e escritor galego, residente en Coruxo, Vigo.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de instituto, no ano 1991 fundou a editorial Nigra, que en 1998 pasou a depender da asturiana Trea, dando lugar a Nigra Trea, especializada en coidados libros de cultura popular e unha colección de libros de fotografía histórica galega, que constitúe o máis coñecido do seu catálogo.
Colaborou baixo distintos pseudónimos en Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
Obra
- Ramón Otero Pedrayo; estudio, cronoloxía e bibliografía, Xuntanza, 1989.
- Galicia: O oficio de vivir, 1990, tres volumes.
- Galegos: as mans de América 1992.
- Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente.[1]
- Los actores ciegos, 2000, novela.
Colectiva
- Eduardo Blanco Amor (1897-1979). Unha fotobiografía, con Víctor Freixanes, Xerais, 1993.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas