A Gomnepteryx cleopatra é unha especie de lepidóptero da familia Pieridae, que foi descrita orixinalmente, co nome de Papilio cleopatra, por Linnaeus, en 1767, en Alxeria.[1][2]
Descrición
Ás anteriores de cor amarela limón no seu anverso, cunha gran mancha cor laranxa, e un pequeno saínte no bordo, cerca do ápice. Reverso lixeiramente verdoso, coa mancha alaranxada pouco perceptible. A femia ten un ton branco-amarelado, co reverso similar e uniforme. Carece de mancha laranxa.
Reprodúcese unha soa vez ao ano (maio-agosto). A posta realízase sobre os brotes tenros de Rhamnus, efectuándose a fase de crisálide na mesma planta.
-
Gonepteryx cleopatra ♂
-
Gonepteryx cleopatra ♂ △
Distribución e hábitat
Bolboreta de ampla presenza na conca mediterránea, é moi frecuente en España e Portugal. Adoita vivir en zonas de matogueira, e lugares rochosos con vexetación. As poboacións adoitan formar poboacións densas nas montañas de tipo calizo, aínda que a poboación de determinados macizos de maior envergadura, como Serra Nevada (subespecie mauretánica, descrita por Röber, en 1907, en Bama, Alxeria), aínda que abundante e uniforme, non é tan densa.
Subespecies
Hai as seguintes dez subespecies:
- G. c. cleopatra (Linnaeus, 1767) – África do Norte, Portugal, España, Sicilia
- G. c. balearica Bubacek, 1920 – Illas Baleares
- G. c. petronella De Freina, 1977 – Eivisa
- G. c. italica (Gerhardt, 1882) – Italia, Francia, Córsega, Sardeña
- G. c. dalmatica Verity, 1908 – costa de Dalmacia, oeste dos Balcáns
- G. C. citrina Sheljuzhko, 1925 - sur de Grecia
- G. C. insularis Verity, 1909 - Creta
- G. c. fiorii Turati & Fiori, 1930 - Rodas
- G. c. taurica (Staudinger, 1881) - Anatolia, Siria, Xordania, Israel, Chipre
- G. c. palmata Turati, 1921 - Cirenaica, Libia
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Olivares, Francisco Javier; Barea-Azcón, José Miguel y otros (2011): Las mariposas diurnas de Sierra Nevada, Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, Granada, ISBN 978-84-92807-72-7, pp. 188-189.