Gondar ou Gonder (en amhárico: ጎንደር Gōnder, antigamente ጐንደር Gʷandar, pronunciación moderna Gondar)[1] é unha cidade de Etiopía.
Foi unha antiga capital imperial de Etiopía e da provincia histórica de Begemder. Por esta razón a antiga provincia de Begemder é chamada frecuentemente Gondar.
Ten unha superficie de 40,27 km2 e a súa poboación era de 194 773 habitantes en 2005.[2]
Segundo o censo de 1994, a poboación era naquel ano de 112 249 habitantes.
Historia
Até o século XVI, os emperadores de Etiopía non vivían nunha cidade ou capital administrativa. O emperador e a súa corte vivían en tendas en campamentos reais temporais, e movíanse por todo o reino coa familia real, a garda real, os cortesáns e os servizo, dependendo para o seu abastecemento do gran das poboacións veciñas e da leña dos bosques. A única excepción foi o reinado do emperador Zara Yaqob, que fundou a cidade de Debre Berhan no ano 1456 ao ver unha luz misteriosa no ceo.
O emperador Minas, no ano 1559, foi o primeiro dos reis de Etiopía que empezou a pasar a estación das chuvias cerca do lago Tana, volvendo unha e outra vez cada temporada ao mesmo lugar, que acabou transformándose nunha cidade florecente. Os campamentos temporais tamén se desenvolvían, converténdose en pouco tempo en cidades, como Emfraz, Ayba, Gorgora e Dankaz.
Gondar foi fundada polo emperador Alam Sagad ou Fasilidas no ano 1635 (aínda que algúns autores atribúen a súa fundación ao emperador Sertse Dingil, en 1580).
Gondar desenvoilveuse como unha cidade mercado e agrícola. Había unha superstición que afirmaba naquela época que o nome da capital tiña que empezar coa sílaba 'Gʷa' (que en pronunciación moderna é 'Gʷe'; Gonder orixinalmente chamábase Gʷandar), isto tamén contribuíu ao desenvolvemento de Gorgora (fundada como Gʷargʷara), nos séculos posteriores ao XVII. A tradición tamén afirmaba que un búfalo levara ao emperador Fasilidas até un estanque cerca do que vivía un "ancián e veneráble ermitán" quen lle dixo ao emperador que debía construír a súa capital nese lugar. Fasilidas fiso que se secara o estanque e sobre el construíu o seu castelo.[3]
O emperador tamén madu construír un total de sete igrexas; as dúas primeiras, Fit Mikael e Fit Abbo, foron construídas para agradecer o final de epidemias locais. Os seguientes cinco emperadores tamén construíron os seus palacios na cidade.
No ano 1668, como resultado dun consello eclesiástico, o emperador Yohannes I ordenou que os habitantes de Gondar foran separados en dous barrios segundo a súa relixión. Isto provocou que os musulmáns se estableceran no seu propio barrio, Islamge (Ge'ez: እስላምጌ "Sitio do Islam," ou "País do Islam ") ou Islam Bet (እስላም ቤት "Casa do Islam"), nos dous anos seguintes.
Durante o século XVII, a poboación da cidade estimábase en máis de 60 000 habitantes, e era a segunda cidade máis grande do mundo por poboación.[3] No ano 1678, o bispo Hovannes de Armenia, que visitaba a cidade, dixo dela que "era dúas veces máis grande que Istambul ".[4]
Moitos dos edificios deste período aínda existen, pese a que o século XVIII foi unha época de loitas e desordes civís, e a cidade iniciou a súa decadencia.
Gondar foi a capital de Etiopía até que o emperador Teodoro II trasladou a capital imperial a Magadala (despois de despoboar a cidade pola forza, e de destruír unha gran parte das súas infraestruturas), tras ser coroado emperador en 1855. Abdallahi ibn Muhammad saqueou Gondar cando invadiu Etiopía en 1887.
A cidade desenvolveuse baixo a ocupación italiana. Durante a segunda guerra mundial as forzas Italianas repregáronse e defenderon Gondar en noveembro de 1941 despois da caída de Adís Abeba en poder do exército británico.
En 1979 a cidadela de Fasil Ghebi, recinto real amurallado do século XVII desde o que os emperadores de Etiopía reinaron sobre todo o imperio, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, xunto con outros monumentos da cidade e a súa contorna. Fasil Ghebi é un exemplo único dun estilo particular de arquitectura, chamado estilo de Gondar, no que, sobre unha base local árabe intégranse influencias do estilo barroco europeo, introducido polos misioneiros portugueses, e as técnicas arquitectónicas indias da cocción do cal, achgadas polos mestres construtores chegados de Goa.
O recinto real de Fasil Ghebi está rodeado por unha muralla de 900 m de lonxitude con 12 portas e dúas pontes. No seu interior agrúpanse varios edificios históricos:
o castelo de Fasilides, edificio de base rectangular flanqueado nas esquinas por catro torreóns de seccción circular rematados por cupuliñas, que constitúe a obra cumio do estilo de Gondar
o castelo do emperador Iyasu, o edificio máis alto de Gondar, construído entre 1682 e 1706
a chancelaría e a biblioteca de Tzadich Yohannes, dous pavillóns anexos ao castelo de Fasilides
o salón de banquetes
a tumba do cabalo do eperador Fasilides
tres igrexas, entre as que destaca a capela de Santo Antonio, con belas pinturas murais
cortellos
Ademais de Fasil Ghebi, tamén se incluíron no Patrimonio da Humanidade:
a abadía de Debre Berhan Selassie, coa súa igrexa circular decorada con pinturas, a 1 200 m ao nordeste de Fasil Ghebi
os baños de Fasilides, un palacio de varios andares nun estanque dentro dun extenso terreo de recreo, onde anualmente se celebra a cerimonia de bendición do baño, a 1 500 m ao noroeste
a igrexa de Kuddus Yohannes, a 1 500 m ao oeste
o complexo de Qusquam, construído pola Emperatriz Mentuab no século XVIII, a 3000 m ao noroeste, que inclúe unha igrexa redonda e o palacio de Mentuab, construído entre 1730 e 1755, que recorda ao Renacemento europeo
o mosteiro de Mariam Ghemb, chaamado Socinios
o palacio de Guzara
A pesar do terremoto de 1704, da guerra civil do século XIX, da decadencia da cidade ao perder a capitalidade do imperio, e dalgunhas desafortunadas reconstrucións realizadas polos italianos durante a segunda guerra mundial, o estado de conservación dos edificios é bastante bo.
Outros puntos de interese
Tamén cabe destacar o Palacio de Ras Mikael Sehul.
A parte baixa da cidade mostra na súa arquitectura a influencia da ocupación italiana desde finais dos 30. A praza principal na que hai tendas, un cine e edificios públicos dun estilo simple italiano moderno, é claramente distintiva pese a construcións posteriores e ao abandono en que caeu.
As casas e os edificios de apartamentos nun barrio adxacente, que no seu día foron vivendas dos oficiais italianos da ocupación, tamén son un punto de interese.
↑ 3,03,1Richard R. K. Pankhurst (1982): History of Ethiopian Towns: From the Middle Ages to the Early Nineteenth Century. Wiesbaden: Franz Steiner Verlag, p. 117.