Ronald Glen Davis, nado o 1 de xaneiro de 1986 en Baton Rouge, Louisiana, máis coñecido como Glen "Big Baby" Davis, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense actualmente axente libre. Mide 2,06 metros e xoga de ala-pivote.
Traxectoria deportiva
Universidade
Xogou durante 3 anos cos Tigers da Universidade de Louisiana State. No ano 2006 levou ao seu equipo á Final Four da NCAA por vez primeira desde 1986, caendo ante UCLA en semifinais. Ese ano foi elixido polos adestradores da Southeastern Conference como Mellor xogador do ano da súa conferencia. Fixo ao longo da súa carreira universitaria 17,7 puntos, 10,4 rebotes e 2,3 asistencias.[1]
Profesional
Foi elixido no posto 35 do Draft da NBA de 2007 por Seattle SuperSonics, mais os seus dereitos foron traspasados a Boston Celtics xunto con Ray Allen a cambio de Delonte West, Wally Szczerbiak e os dereitos da quinta elección do Draft de 2007, Jeff Green.
O 9 de decembro de 2011, Davis foi traspasado aos Orlando Magic a cambio de Brandon Bass. O 21 de febreiro de 2014, Davis e os Magic chegaron un acordo para a rescisión do seu contrato.[2]
O 24 de febreiro de 2014, Davis fichou polos Los Angeles Clippers.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|