Yann Ulrich Stephane Lasme, nado o 17 de decembro de 1982 en Port-Gentil, é un xogador profesional de baloncesto gabonés. Mide 2,03 metros e pode xogar de ala-pivote ou de pivote.
Traxectoria
Lasme foi elixido na 46ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Golden State Warriors.[1] Fixo o seu debut na NBA o 8 de novembro de 2007, xogando tan só 3.8 segundos na derrota dos Warriors por 120-115 contra os Dallas Mavericks.[2][3] O 17 de novembro, foi cortado polos Warriors.[4] Días máis tarde, asinou cos Los Angeles D-Fenders da NBA Development League.[5][6] Na tempada 2010-2011 xogou nos Maine Red Claws da NBA Development League. Na tempada 2011-12 xogou na Liga ACB co Obradoiro CAB. O 22 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos co Anadolu Efes turco.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|