German Titov |
|
Nacemento | 11 de setembro de 1935 Verkh-Zhilino, Rusia (en) |
---|
Morte | 20 de setembro de 2000 (65 anos) Moscova, Rusia |
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
---|
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
---|
|
Deputado da Duma Estatal |
---|
18 de xaneiro de 2000 – 7 de decembro de 2003 |
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética |
---|
|
|
|
Educación | Academia Militar do Estado Maior das Forzas Armadas de Rusia (–1972) Academia Zhukovsky de Engenharia da Força Aérea (pt) (–1968) |
---|
|
Lugar de traballo | Moscova |
---|
Ocupación | aviador, militar, científico, político, astronauta, escritor, deputado da Duma Estatal |
---|
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética (1961–) Partido Comunista da Federación Rusa |
---|
Membro de | |
---|
|
Lealdade | Unión Soviética |
---|
Rango militar | coronel-general (pt) Air Force colonel general (en) Unidades da Guarda (pt) |
---|
Tempo no espazo | 1 día, 1 hora e 18 minutos |
---|
Misión do astronauta | |
---|
|
|
17 de outubro de 1961 | 22nd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) |
|
|
Pai | Stepan Titov |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Титов Герман Степанович) Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 12, (p.15) |
---|
|
German Stepanovich Titov, nado en Verhnee Zhilino (Krai de Altai, Rusia), o 11 de setembro de 1935 e finado o 20 de setembro de 2000, foi un cosmonauta soviético e segunda persoa en orbitar a Terra na misión Vostok 2.[1][2]
Traxectoria
Titov completou o seu adestramento militar en 1957, servindo na Forza Aérea da Unión Soviética como piloto na Segunda Rexión de Aviación de Leningrado. En 1960 foi elixido no primeiro grupo de cosmonautas da Unión Soviética, viaxando a bordo da Vostok 2 nunha misión de un día e converténdose no segundo ser humano en orbitar a Terra despois de Iuri Gagarin. En 1962 adestrou para ser piloto de probas na Academia Zhukovskii de Enxeñaría da Forza Aérea, liderando o grupo que adestrou para pilotar o avión espacial Spiral e graduándose en 1968. Titov elixiu seguir unha carreira máis dirixida á xestión nas forzas espaciais en lugar de continuar como cosmonauta, graduándose na Academia Xeral de Persoal Militar chegando a ser Director Adxunto do Mando e Control Espaciais en agosto de 1972. A partir de 1973 foi Director Adxunto de GUKOS para investigación e, entre 1979 e 1991, comandante da mesma organización. Titov retirouse do exército en outubro de 1992. Finou en Moscova o 20 de setembro de 2000.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos