George Hamilton Pearce, nado en Boston (Massachusetts) o 9 de xaneiro de 1921[1] e finado o 30 de agosto de 2015 en Providence (Rhode Island), foi un arcebispo católico latino dos Estados Unidos. Foi o primeiro bispo da diocese de Apia (Samoa), e foi tamén posteriormente arcebispo de Suva (Fidxi).
Traxectoria
Naceu en Boston (Massachusetts) e cursou os seus estudos básicos na Escola Primaria de Saint Columbkille de Brighton, para pasar posteriormente ao seminario menor Maryvale de Bedford, e finalmente ao College e Seminario dos maristas en Framingham. Foi ordenado sacerdote o 2 de febreiro de 1947[1] polo arcebispo Richard Cushing, e foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Attalea in Pamphylia o 29 de febreiro de 1956.[1] Foi consagrado bispo o 29 de xuño de 1956[1] en Boston polo mesmo Cushing.[2][3]
O 21 de xuño de 1966 a Santa Sé elevou a vigairía apostólica a diocese, e Pearce converteuse no primeiro bispo de Apia. O 22 de xuño de 1967 foi nomeado o primeiro arcebispo de Suva (Fidxi)[1]. Retirouse o 10 de abril de 1976, e viviu dende entón en Providence (Rhode Island), onde dirixiu un grupo mariano de oración na catedral dos Santos Pedro e Paulo de Providence, co que visitou os santuarios marianos de Fátima, Lourdes e Međugorje. Finou en Providence o 30 de agosto de 2015.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 P.J. Kenedy, ed. (1969). The Official Catholic Directory for the Year of Our Lord 1969 (en inglés). p. 931.
- ↑ Pacific Publications, ed. (1976). "Pacific Islands Monthly" 47 (1-6): 47.
- ↑ Richard Barrett Lowe (1967). Pageant Press, ed. Problems in paradise: the view from Government House. p. 163.
|
---|
Vigairos apostólicos das Navegadores | |
---|
Vigairos apostólicos de Samoa e Tokelau | |
---|
Bispos de Apia | |
---|
Bispos de Samoa e Tokelau | |
---|
Arcebispos de Samoa-Apia e Tokelau | |
---|
Arcebispos de Samoa-Apia | |
---|
Administradores apostólicos | |
---|