George Carlin (1975) |
|
Nacemento | (en) George Denis Patrick Carlin 12 de maio de 1937 Nova York, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 22 de xuño de 2008 (71 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca infarto agudo de miocardio |
---|
Relixión | Ateísmo e católico non practicante |
---|
Educación | Cardinal Hayes High School (en) Bishop Dubois High School (en) |
---|
Altura | 175 cm |
---|
|
Ocupación | actor, monologuista, locutor de radio, xornalista, guionista, humorista, compositor, actor de dobraxe, presentador de televisión, actor de televisión, escritor, actor de cinema, humorista, produtor |
---|
Período de actividade | 1956 - 2008 |
---|
Xénero artístico | Comedia observacional, character comedy (en) , humor absurdo (pt) , ribaldry (en) , Humor negro, Ironía e sátira |
---|
Movemento | Ateísmo |
---|
Selo discográfico | Atlantic Records |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Sally Wade (1998–2008) Brenda Carlin (1961–1997) |
---|
Fillos | Kelly Carlin () Brenda Carlin |
---|
|
|
Sinatura |
|
Sitio web | georgecarlin.com |
---|
|
George Denis Patrick Carlin, nado o 12 de maio de 1937 en Nova York e finado o 22 de xuño de 2008 en Santa Monica (California), foi un humorista, actor e escritor estadounidense que gañou cinco Grammy polos seus álbums de comedia[1].
Traxectoria
Carlin caracterizouse pola súa actitude irreverente, o seu humor negro e os seus pensamentos contracorrente en política, lingua inglesa, psicoloxía, relixión, e varios suxeitos considerados tabú pola sociedade estadounidense da época. Carlin e a súa comedia "Seven dirty words" foi o eixo da decisión do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso F.C.C. v. Pacifica Foundation (1978), que outorgou poder ao goberno para regulamentar o contido das emisións públicas de radio para evitar a utilización de linguaxe indencente.
O primeiro dos seus 14 especiais de comedia en vivo para a HBO gravouse en 1977. Na década de 1990 e 2000 centrou as súas actuacións en asuntos de política contemporánea estadounidense e satirizou o exceso de cultura americana. O seu derradeiro especial, It's Bad for Ya, gravouse tan só catro meses antes da súa morte.
Carlin sitúase segundo na lista que fixo Comedy Central dos 100 mellores cómicos en vivo de todos os tempos, superado por Lenny Bruce.[2] Carlin participou frecuentemente en The Tonight Show durante as tres décadas da era Johnny Carson e foi o anfitrión do primeiro episodio de Saturday Night Live (1975). Gravou 19 álbums de comedia e seis recompilatorios, en vida publicou catro libros entre eles Brain Droppings (1997) que recibiu un Grammy pola súa versión en audiolibro, participou en varios filmes e tivo o seu propio programa de televisión The George Carlin Show (1994-1995).
Notas
Véxase tamén