Gennadi Mikhailovich Strekalov, nado en Mitishchi (preto de Moscova) o 28 de outubro de 1940 e finado o 25 de decembro de 2004, foi un cosmonauta soviético e ruso que formou parte das misións Soiuz T-3, Soiuz T-8, Soiuz T-11, Soiuz TM-10, Soiuz TM-21, Soiuz T-10, Soiuz T-10-1 e STS-71.[1][2]
Traxectoria
Strekalov graduouse enxeñeiro na Escola Técnica Superior N. E. Bauman de Moscova en 1965. Traballou como enxeñeiro en RSC Energia desde a súa graduación. Comezou o seu adestramento como cosmonauta en xaneiro de 1974, participando nas misións Soiuz T-3, Soiuz T-8, Soiuz T-11, Soiuz TM-10, Soiuz TM-21, Soiuz T-10, Soiuz T-10-1 e STS-71 e pasando un total de 268,94 días no espazo. Faleceu o 25 de decembro de 2004.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos