STS-71 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 27 de xuño de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
STS-71, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para realizar o primeiro acoplamento entre un transbordador espacial e a estación espacial rusa Mir, dando comezo a unha colaboración de varios anos. A tripulación estaba formada polo comandante Robert L. Gibson, o piloto Charles J. Precourt, os especialistas de misión Ellen S. Baker, Bonnie J. Dunbar e Gregory J. Harbaugh e os compoñentes da misión Mir 19, Anatoli Soloviev e Nikolai Budarin.[3][5][6][7]
O acoplamento tivo lugar ás 9:00 EDT do 29 de xuño co método R-Bar (que minimiza o gasto de propelente) no que o Atlantis aproximouse á estación directamente desde abaixo, seguindo o radio vector da Terra. O piloto, Gibson, tomou o control manual do transbordador cando estaban a uns 800 m de distancia da estación. O acoplamento tivo lugar dentro das marxes de seguridade e sen problemas na vertical do lago Baikal. Unidos, o Atlantis e a Mir formaron o conxunto máis pesado (225 toneladas) en órbita ata aquel momento. Durante os cinco días que estiveron unidos se transferíu equipamento entre unha nave e outra e se fixeron diversos experimentos biomédicos e físicos utilizando o módulo Spacelab da bodega do transbordador.[3][5][6][7]
O Atlantis separouse da Mir o 4 de xullo para reiniciar a reentrada atmosférica. A bordo ían Norman E. Thagard, Vladimir Dezhurov Gennadi Strekalov, os compoñentes da misión Mir 18, en substitución de Soloviev e Budarin, que quedaron na Mir, polo que o Atlantis regresou con oito astronautas, tomando terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de xullo de 1995.[3][5][6][7]
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 10 October 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-58417T). 18 de outubro de 1995: 8. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-71" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2021.
Véxase tamén
Outros artigos