Game Boy Light

Logotipo da Game Boy Light.
Game Boy Light Gold.

A Game Boy Light (en xaponés: ゲームボーイライト) é unha videoconsola portátil de Nintendo que saíu á venda unicamente no Xapón en abril de 1998. Ao igual que a Game Boy Pocket, a consola tiña un prezo de 6.800 iens.[1] É case do mesmo tamaño que a Pocket e ten unha luz de fondo parcialmente azulada para condicións de pouca luz. Utiliza dúas pilas AA, que lle dan aproximadamente 20 horas de autonomía coa luz apagada e 10 cando está acesa.[2]

A Game Boy Light é a máis rara da saga Game Boy, podéndose comprar case unicamente por importación dende o Xapón durante 1998. Foi a única consola de Nintendo producida con pantalla alumada ata a saída da Game Boy Advance SP en 2003.

Especificacións técnicas

Tamaño Aproximadamente 80 mm x 135 mm x 27 mm (An x Al x Pr)
Peso Aproximadamente 138 g
Pantalla Pantalla reflectante supertrenzada nemática (STN) de cristal líquido (LCD)
Tamaño de pantalla 50 mm por 45 mm
Fotogramas por segundo 59.727500569606 Hz
Enerxía 6 V, 0.7 W (2× pilas AA)
Duración das pilas Aproximadamente 10 horas de xogo (coa luz acesa)[2]
Aproximadamente 20 horas de xogo (coa luz apagada)[2]
CPU Zilogic Z80 a 4.194304 MHz
Memoria 64 KB espazo de direccións incluíndo:
  • 8 KB de RAM de traballo integrada
  • Ata 16 páxinas de 8 KB de RAM de traballo intercambiábel (no cartucho de xogo) para un máximo de 128 KB de RAM externa (que pode ser alimentada por batería para gardar partidas).
  • 8 KB de memoria RAM para a pantalla LCD.
  • 32 KB de Game Pak externa ROM, dos cales 16 KB son intercambiábeis

ROM de arrinque de 256 bytes no chip; cartuchos de 32 KB, 64 KB, 128 KB, 256 KB, 512 KB, 1 MB, 2 MB, 4 MB e 8 MB.

Resolución de pantalla 160 (ancho) × 144 (alto) píxeles (10:9 relación de aspecto)
Soporte de cor 2 bits (catro tons de "cinsentos": claro a moi escuro)
  • Referencia:
  •  0x0  0x1  0x2  0x3 
Son Procesador PSG de Estéreo FM de 4 canles
Entrada
  • Cruceta de oito direccións
  • Catro botóns de acción (A, B, Start, Select)
  • Potenciómetro de volume
  • Potenciómetro de contraste
  • Interruptor de acender
  • I/O en serie ("Cable link"): 512 kbit/s con até 4 conexións en serie
  • Cartucho I/O

Edicións especiais

Os primeiros dous modelos que saíron á venda foron as versións dourada e prateada. Un pouco máis tarde saíron seis edicións especiais e limitadas, que son:

  • Game Boy Light Clear Red: Tezuka Osamu World Shop.[3]
  • Game Boy Light Astro Boy: Tezuka Osamu World Shop.[4]
  • Game Boy Light Pikachu Yellow: Pokémon Center Tokio. Como o seu propio nome indica, esta versión vendeuse só na única tenda Pokémon Center que había por aquel entón, en Tokio.[5]
  • Game Boy Light Clear Yellow: Toy's 'R' Us.[6]
  • Game Boy Light Famitsu Skeleton. Existen dúas versións, aínda que a consola é exactamente a mesma nas dúas. Por unha banda está a edición de encarga e por outra a edición de evento. A primeira conseguíase comprándoa por correo e a segunda nun evento especial realizado no barrio xaponés de Akihabara.[7]

Notas

  1. "Game Boy Lights Up". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (105): 26. Abril de 1998. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Game Boy Light. Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. Retromaquinitas.com.
  3. Tezuka Osamu World Shop. Consolevariations.com.
  4. Astro Boy: Tezuka Osamu. Consolevariations.com.
  5. Pokemon Center Pikachu. Consolevariations.com.
  6. Clear Yellow. Consolevariations.com.
  7. Nintendo Game Boy Light Clear Famitsu Console. Consolevariations.com.

Véxase tamén

Outros artigos