A gaivota escura, maroto ou papón (Larus fuscus) é unha das gaivotas máis espalladas por Europa
Descrición
Un exemplar adulto mide uns 54 cm de lonxitude. A plumaxe é branca coa parte superior de cor gris lousa. O bico, moi forte, ten na parte inferior dianteira un punto vermello. As patas son na súa meirande parte amarelas. O aspecto dos machos e o das femias é semellante.
Sistemática
Ten catro [2] (segundo algunhas clasificacións dúas ou tres) subespecies europeas:
Larus fuscus fuscus, do mar Báltico e o leste de Escandinavia. A parte superior e negra acibeche.
As poboacións máis importantes desta especie está no Reino Unido. Tamén son considerables as poboacións de Islandia, Illas Feroe, Escandinavia e Países Baixos. O resto de poboacións distribúense polas repúblicas bálticas ata o norte de Siberia, Francia, España , Portugal e Polonia. Son aves exclusivamente costeiras que se alimentan case exclusivamente no mar, tamén lonxe da costa. Son migratorias. Pasan o inverno desde as illas Británicas ó oeste de África. En inverno é un visitante regular das costas norteamericanas, as que chega probablemente dende Islandia.
Poboación en Galiza
A gaivota escura é principalmente invernante en Galiza aínda que tamén existen pequenas poboacións ó longo da costa galega.
No ano 2000 contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas Illas Sisargas, Sálvora, Coelleira e nas Illas Cíes principalmente. Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares.
Reprodución
Cría en colonias á beira do mar ou en lagos. Fai o niño no chan dos acantilados. Adoita poñer tres ovos. Os exemplares novos son de cor castaña anegrada na parte superior. Tardan catro anos en chegar ó estado adulto.