Inicialmente denominado CF Barcelona Atlético, foi fundado en 1970, baixo a presidencia de Agustí Montal Jr., froito da fusión e integración definitiva ao FC Barcelona do Club Deportivo Condal e do Atlètic Catalunya, dous clubs cataláns que a finais dos anos 60 asociáronse ao Futbol Club Barcelona.
O Barcelona Atlético creouse para que os mozos xogadores formados nas categorías inferiores da canteira barcelonista puidesen completar a súa formación competindo ante xogadores profesionais. En 1974 cambiou o seu nome a FC Barcelona Atlètic. En 1991 renomeuouse a FC Barcelona B por imperativo da RFEF. En 2008 recuperou o nome de FC Barcelona Atlètic e en 2010, coa chegada do presidente Rosell, mudou de novo a súa denominación a FC Barcelona B, nome que mantivo ata 2022, cando recuperou a denominación .[1]
O estadio do Barcelona Atlètic é o Mini Estadi, con capacidade para 15.276 espectadores e cunhas dimensións de 103 x 65 metros. Está situado xunto ó Camp Nou, estadio no que xoga o FC Barcelona.