Función de partición

Os valores da función de partición (1, 2, 3, 5, 7, 11, 15 e 22) pódese determinar contando os diagramas de Young para as particións dos números do 1 ao 8.

En teoría de números, a función de partición p(n) representa o número de posíbeis particións dun enteiro non negativo n. Por exemplo, p(4) = 5 porque o número enteiro 4 ten as cinco particións 1 + 1 + 1 + 1; 1 + 1 + 2; 1 + 3; 2 + 2 e 4.

Non se coñece ningunha expresión de forma pechada para a función de partición, mais ten tanto expansións asintóticas que a aproximan con precisión como relacións de recorrencia polas que se pode calcular exactamente. Medra como función exponencial da raíz cadrada do seu argumento. O inverso multiplicativo da súa función xeradora é a función de Euler; polo teorema dos números pentagonais de Euler esta función é unha suma alterna de potencias numéricas pentagonais do seu argumento.

Srinivasa Ramanujan descubriu por primeira vez que a función de partición ten patróns non triviais en aritmética modular, agora coñecidos como congruencias de Ramanujan. Por exemplo, sempre que a representación decimal de n remate no díxito 4 ou 9, o número de particións de n será divisíbel por 5.

Definición e exemplos

Para un número enteiro positivo n, p(n) é o número de formas distintas de representar n como unha suma de números enteiros positivos. Para os efectos desta definición, a orde dos termos na suma é irrelevante: dúas sumas cos mesmos termos nunha orde diferente non se consideran distintas.

Por convención p(0) = 1, xa que hai unha forma (a suma baleira ) de representar cero como unha suma de enteiros positivos. A maiores p(n) = 0 cando n é negativo.

Os primeiros valores da función de partición, comezando por p(0) = 1, son:

1, 1, 2, 3, 5, 7, 11, 15, 22, 30, 42, 56, 77, 101, 135, 176, 231, 297, 385, 490, 627, 792, 1002, 1255, 1575, 1958, 2436, 3010, 3718, 4565, 5604, ... (secuencia A000041 na OEIS).

Función xeradora

Artigo principal: Teorema do número pentagonal.

A función xeradora para p (n) vén dada por [1] A igualdade entre os produtos da primeira e segunda liñas desta fórmula obtense coa expansión de cada factor na serie xeométrica Para ver que o produto expandido é igual á suma da primeira liña, aplicamos a lei distributiva. Isto expande o produto nunha suma de monomios da forma para algunha secuencia de coeficientes , só un número finito deles poden ser distintos de cero. O expoñente do termo é , e esta suma pódese interpretar como unha representación de como partición en copias de cada número . Polo tanto, o número de termos do produto que teñen expoñente é exactamente , o mesmo que o coeficiente de na suma da esquerda. Polo tanto, a suma é igual ao produto.

A función que aparece no denominador na terceira e cuarta liñas da fórmula é a función de Euler. A igualdade entre o produto da primeira liña e as fórmulas da terceira e cuarta liñas é o teorema dos números pentagonais de Euler. Os expoñentes de nestas liñas son os números pentagonais para .

Relacións de recorrencia

A mesma secuencia de números pentagonais aparece nunha relación de recorrencia para a función de partición:[2] Como casos básicos considramos igual , e igual a cero para  negativo. Aínda que a suma do lado dereito parece infinita, só ten un número finito de termos distintos de cero, procedentes dos valores de distintos de cero na franxa A relación de recorrencia tamén se pode escribir na forma equivalente

Congruencias

Srinivasa Ramanujan descubriu que a función de partición ten modelos non triviais na aritmética modular. Por exemplo, o número de particións é divisíbel por cinco sempre que a representación decimal de remata no díxito 4 ou 9, como se expresa pola congruencia[3]Por exemplo, o número de particións para o número enteiro 4 é 5. Para o número enteiro 9 é 30; para 14 hai 135 particións. Esta congruencia vén implicada pola identidade máis xeral tamén debida a Ramanujan,[4] onde a notación denota o produto definido por Unha pequena proba deste resultado pódese obter a partir da función xeradora da función de partición.

Ramanujan tamén descubriu congruencias módulo 7 e 11:[3] O primeiro procede da identidade de Ramanujan[5]

Fórmulas de aproximación

Existen fórmulas de aproximación que son máis rápidas de calcular que a fórmula exacta indicada anteriormente.

Unha expresión asintótica para p(n) vén dada por

cando .

Esta fórmula asintótica foi obtida por primeira vez por GH Hardy e Ramanujan en 1918 e de forma independente por JV Uspensky en 1920. Considerando , a fórmula asintótica dá aproximadamente , razoabelmente preto da resposta exacta (un 1,415 % maior que o valor verdadeiro).

Paul Erdős (1942) publicou unha proba elemental da fórmula asintótica de .

Función de partición estrita

Definición e propiedades

Unha partición na que ningunha parte aparece máis dunha vez chámase estrita. A función q(n) dá o número destas particións estritas con suma n. Por exemplo, q(3) = 2 porque as particións 3 e 1 + 2 son estritas, mentres que a terceira partición 1 + 1 + 1 de 3 ten partes repetidas.

Pore outro parte resulta que o número q(n) coincide co número de particións de n nas que só se permiten sumandos impares.[6]

Función xeradora

A función xeradora dos números q(n) vén dada por un produto infinito simple:[7] onde a notación representa o símbolo de Pochhammer A partir desta fórmula, pódense obter facilmente os primeiros termos (secuencia A000009 na OEIS):

Función de partición restrinxida

De forma máis xeral, é posíbel considerar particións restrinxidas só a elementos dun subconxunto A dos números naturais (por exemplo, unha restrición no valor máximo das partes), ou cunha restrición no número de partes ou á diferenza máxima entre as partes. Cada restrición particular dá lugar a unha función de partición asociada con propiedades específicas. A continuación móstranse algúns exemplos comúns.

Teorema de Euler e Glaisher

Dous exemplos importantes son as particións restrinxidas só a partes enteiras impares ou só a partes enteiras pares, coas funcións de partición correspondentes a miúdo denotadas e (do inglés odd e even).

Un teorema de Euler mostra que o número de particións estritas é igual ao número de particións con só partes impares: para todo n, . Isto xeneralízase no teorema de Glaisher, que afirma que o número de particións con non máis de d-1 repeticións de calquera parte é igual ao número de particións sen parte divisíbel por d.

Coeficiente binomial de Gauss

Se denotamos o número de particións de n como máximo en M partes, sendo cada parte menor ou igual a N, entón a función xeradora de é o seguinte coeficiente binomial de Gauss:

Notas

  1. Abramowitz, Milton; Stegun, Irene (1964). Handbook of Mathematical Functions with Formulas, Graphs, and Mathematical Tables. United States Department of Commerce, National Bureau of Standards. p. 825. ISBN 0-486-61272-4. 
  2. Ewell, John A. (2004). Recurrences for the partition function and its relatives. The Rocky Mountain Journal of Mathematics 34. pp. 619–627. JSTOR 44238988. MR 2072798. doi:10.1216/rmjm/1181069871. 
  3. 3,0 3,1 Berndt, Bruce C.; Ono, Ken (1999). "Ramanujan's unpublished manuscript on the partition and tau functions with proofs and commentary" (PDF). The Andrews Festschrift (Maratea, 1998). Séminaire Lotharingien de Combinatoire 42. Art. B42c, 63. MR 1701582. [Ligazón morta]
  4. Ahlgren, Scott; Ono, Ken (2001). Congruence properties for the partition function (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences 98. pp. 12882–12884. Bibcode:2001PNAS...9812882A. MR 1862931. PMC 60793. PMID 11606715. doi:10.1073/pnas.191488598. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2019. Consultado o 15 de outubro de 2024. 
  5. Ono, Ken (2000). Distribution of the partition function modulo m. Annals of Mathematics 151. pp. 293–307. Bibcode:2000math......8140O. JSTOR 121118. MR 1745012. Zbl 0984.11050. arXiv:math/0008140. doi:10.2307/121118. 
  6. Stanley, Richard P. (1997). Enumerative Combinatorics 1. Cambridge Studies in Advanced Mathematics 49. Cambridge University Press. Proposition 1.8.5. ISBN 0-521-66351-2. 
  7. Stanley, Richard P. (1997). Enumerative Combinatorics 1. Cambridge Studies in Advanced Mathematics 49. Cambridge University Press. Proof of Proposition 1.8.5. ISBN 0-521-66351-2. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Wilayah dialek-dialek Jerman pada tahun 1900, termasuk seluruh varietas Jermanik Barat menggunakan Jerman Baku sebagai bahasa literatur mereka:[1][2][3][4]   Franka Rendah   Frisia   Sachsen Rendah atau Jerman Rendah   Jerman Tengah   Jerman Hulu Dialek-dialek Jerman adalah berbagai varietas tradisional setempat dari bahasa Jerman. Meskipun beragam untuk setiap daerah, dialek-dialek di sisi selatan Jerman di baw...

 

فيليبا فوت   معلومات شخصية الميلاد 3 أكتوبر 1920 [1]  الوفاة 3 أكتوبر 2010 (90 سنة) [2]  أكسفورد  مواطنة المملكة المتحدة  عضوة في الأكاديمية الأمريكية للفنون والعلوم  الأم إستر كليفلاند  [لغات أخرى]‏[3]  الحياة العملية المدرسة الأم كلية سومرفيل...

 

Swedish record chart and radio show Tio i ToppTicket given out by Sveriges Radio to the juryOther namesSommartoppenRunning time60 minutes (3:00 pm – 4:00 pm)Country of originSwedenLanguage(s)SwedishHome stationSveriges Radio P2 (1961–1964) Sveriges Radio P3 (1964–1974)Hosted byVariousRecording studioVariousOriginal release14 October 1961 (1961-10-14) –29 June 1974 (1974-06-29)Audio formatMonaural soundOpening themeThe Hully Gully Twist by Billy Doggett's Combo (1962...

Tepi Serranilla Pulau-pulau dipersengketakan Geografi Tepi Serranilla (Colombia) Lokasi Laut Karibia Koordinat 15°50′N 79°50′W / 15.833°N 79.833°W / 15.833; -79.833Koordinat: 15°50′N 79°50′W / 15.833°N 79.833°W / 15.833; -79.833 [1] Total pulau 4 Pulau utama Beacon Cay Wilayah administrasi  Kolombia Departmen San Andrés dan Providencia Diklaim oleh  Honduras  Nikaragua  Amerika Serikat Territory unor...

 

Philippe VRaja SpanyolBerkuasa1 Nopember 1700 – 14 Januari 1724(23 tahun, 74 hari)PendahuluCharles IIPenerusLouis IRaja SpanyolBerkuasa6 September 1724 - 9 Juli 1746(21 tahun, 306 hari)PendahuluLouis IPenerusFerdinand VIInformasi pribadiPemakamanLa Granja de San IldefonsoWangsaWangsa BourbonAyahLouis, Dauphin dari PrancisIbuMaria Anna Victoria dari BayernPasanganMaria Luisa dari SavoyElisabeth FarneseAnakRincianLouis I dari SpanyolFerdinand VI dari SpanyolCharles III dar...

 

Maureen O'Hara (1942) Oscar onorario 2015 Maureen O'Hara, nata con il nome di Maureen FitzSimons (Dublino, 17 agosto 1920 – Boise, 24 ottobre 2015[1][2][3]), è stata un'attrice irlandese naturalizzata statunitense. Indice 1 Biografia 2 Filmografia 2.1 Televisione 3 Riconoscimenti parziali 4 Doppiatrici italiane 5 Note 6 Altri progetti 7 Collegamenti esterni Biografia Nata da Charles FitzSimons, di religione cattolica, e da Marguerita Lilburn, protestante, è ricorda...

This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (March 2013) (Learn how and when to remove this message) William D. CoolidgeBornOctober 23, 1873Hudson, Massachusetts, U.S.DiedFebruary 3, 1975(1975-02-03) (aged 101)Schenectady, New York, U.S.NationalityAmericanAlma materUniversity of LeipzigMassachusetts Institute of TechnologyKnown forhis contri...

 

2017 European Athletics U23 ChampionshipsTrack events100 mmenwomen200 mmenwomen400 mmenwomen800 mmenwomen1500 mmenwomen5000 mmenwomen10,000 mmenwomen100 m hurdleswomen110 m hurdlesmen400 m hurdlesmenwomen3000 msteeplechasemenwomen4 × 100 m relaymenwomen4 × 400 m relaymenwomenRoad events20 km walkmenwomenField eventsHigh jumpmenwomenPole vaultmenwomenLong jumpmenwomenTriple jumpmenwomenShot putmenwomenDiscus throwmenwomenHammer throwmenwomenJavelin throwmenwomenCombined eventsHeptathlonwome...

 

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (يناير 2022) هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. ...

رودولف بيرغ   معلومات شخصية الميلاد 15 أكتوبر 1824 [1]  كوبنهاغن  الوفاة 20 يوليو 1909 (84 سنة)   كوبنهاغن  مواطنة الدنمارك  عضو في الأكاديمية الوطنية الألمانية للعلوم ليوبولدينا  الحياة العملية المهنة طبيب،  وعالم رخويات  [لغات أخرى]‏،  وعالم نبات...

 

AmarindraอมรินทราRatu permaisuri SiamMasa jabatan6 April 1782 – 7 September 1809Penobatan21 Juni 1782Informasi pribadiKelahiran(1737-03-15)15 Maret 1737Samut Songkhram, Kerajaan AyutthayaKematian25 Mei 1826(1826-05-25) (umur 89)Bangkok, SiamWangsaChakri DynastyAyahTongIbuPrincess Rupsirisophak MahanaknariPasanganPhutthayotfa Chulalok (Rama I)AnakPhutthaloetla Naphalai (Rama II)& 9 anak lainnyaAgamaBuddha Amarindra (Thai: อมรินทราcode: th is deprecat...

 

Political party in Nepal This article is about party led by Upendra Yadav. For new socialist party under Ashok Rai faction of this party, see People's Socialist Party. People's Socialist Party, Nepal जनता समाजवादी पार्टी, नेपालAbbreviationPSP-NChairpersonUpendra YadavSpokespersonManish Kumar Suman[1]Founded22 April 2020; 4 years ago (2020-04-22)Merger ofRJPNSPNHeadquartersBalkumari, LalitpurStudent wingSocialist Stud...

Map showing the location of the ports listed on this page. This is a list of seaports around the coast of the island of Ireland, including those found in Northern Ireland. List by coast East coast Rosslare Arklow Wicklow Dún Laoghaire Dublin Howth Drogheda Dundalk Greenore Warrenpoint Belfast Larne North coast Coleraine Londonderry (Foyle) Rathmullan West coast Bantry Bay Dingle Fenit Foynes Galway Killybegs Rossaveal Kilronan Kilrush Limerick Shannon Foynes Port Sligo South coast Castletow...

 

US-based philosopher, theologian and scholar of environmental- and religious studies Clare PalmerBorn1967 (age 56–57)NationalityBritishAlma materUniversity of OxfordNotable workEnvironmental Ethics and Process Thinking (1998)Animal Ethics in Context (2010)InstitutionsTexas A&M UniversityMain interestsEnvironmental ethicsAnimal ethics Clare Palmer (born 1967) is a British philosopher, theologian and scholar of environmental and religious studies. She is known for her work o...

 

Joachim Camerarius Joachim Camerarius il Vecchio (Bamberga, 11 aprile 1500 – Lipsia, 15 aprile 1574) è stato un umanista tedesco. Camerarius nacque in una famiglia nobile il cui cognome era in origine Liebhard. Questo fu poi cambiato in Kammermeister (latinizzato Camerarius) perché alcuni membri della famiglia divennero ciambellani di corte. Indice 1 Biografia 2 Opere 3 Note 4 Voci correlate 5 Altri progetti 6 Collegamenti esterni Biografia Studioso di opere colte e raffinato umanista, in...

American historian Arthur Walton LitzArthur Walton Litz as a professor of English Literature at Princeton University. Arthur Walton Litz Jr. (October 31, 1929, in Nashville, Tennessee[1][2] – June 4, 2014)[3] was an American literary historian and critic who served as professor of English Literature at Princeton University from 1956 to 1993. He was the author or editor of over twenty collections of literary criticism, including various editions of Ezra Pound, James J...

 

President Ronald Reagan's ranch and vacation home For Reagan's ranch in the Santa Monica Mountains, see Malibu Creek State Park. Rancho del CieloReagan RanchWestern White HouseLocationSanta Ynez Mountains, Santa Barbara County, CaliforniaCoordinates34°31′50″N 120°04′33″W / 34.530478°N 120.075932°W / 34.530478; -120.075932Area688 acres (278 ha)Elevation2,240 feet (680 m)[citation needed]Built1872[citation needed]Original useVacation...

 

Art produced from an indigenous culture or by peasants or other laboring tradespeople This article is about tangible folk art objects. For performance folk arts, see Folk arts. For the album by Joe Lovano, see Folk Art (album). Pew group of Staffordshire figures, England, c. 1745, salt-glazed stoneware. 7 1/2 × 8 3/8 in. (19.1 × 21.3 cm) Gran calavera eléctrica by José Guadalupe Posada, Mexico, 1900–1913 Old Bright, The Postman, George Smart, c1830s Traditional styles of faience pottery...

French anatomist and surgeon Raphael Bienvenu Sabatier (1732-1811) Raphaël Bienvenu Sabatier (11 October 1732 – 19 July 1811) was a French anatomist and surgeon born in Paris.[1] He studied medicine in Paris, and in 1756 became a professor at the Collège Royal de Chirurgie. Shortly afterwards, he became chief surgeon at the Hôtel des Invalides, and in 1795 was a professor at the École de Santé. Sabatier was a member of the French Academy of Sciences, and was a consultant-surgeo...

 

American baseball player Baseball player Vern OlsenOlsen, circa 1942PitcherBorn: (1918-03-16)March 16, 1918Hillsboro, OregonDied: July 13, 1989(1989-07-13) (aged 71)Maywood, IllinoisBatted: RightThrew: LeftMLB debutSeptember 8, 1939, for the Chicago CubsLast MLB appearanceSeptember 13, 1946, for the Chicago CubsMLB statisticsWin–loss record30–26Earned run average3.40Strikeouts201 Teams Chicago Cubs (1939–1942; 1946) Vern Jarl Olsen (March 16, 1918 – ...