Fuentes de Andalucía é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España. No ano 2005 contaba con 7378 habitantes. A súa extensión superficial é de 150 km² e ten unha densidade de 49,2 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 28' N, 5º 20' W. Atópase situada a unha altitude de 183 metros e a 61 quilómetros da capital de provincia, Sevilla, emprazada nunha fértil chaira entre os ríos Genil e Corbones, no val do Guadalquivir, na comarca de Écija.