Francisco de Acuña

Modelo:BiografíaFrancisco de Acuña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Antonio del Carmen de Acuña Coello y Torrado Editar o valor en Wikidata
1752 Editar o valor en Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Morte1815 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
San Fernando del Valle de Catamarca, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosTadeo Acuña Editar o valor en Wikidata

Francisco Antonio del Carmen de Acuña Coello y Torrado, nado na Pobra do Caramiñal o 21 de maio de 1752, e finado en San Fernando del Valle de Catamarca en 1815, foi un comerciante, militar e terratenente galego.

Foi o último gobernante español da cidade arxentina de San Fernando del Valle de Catamarca previo á Revolución de Maio, e o primeiro en rexer de facto a cidade baixo o réxime revolucionario, aínda cando fora designado pola Coroa. Xenearca da familia Acuña de Catamarca cuxos descendentes ocuparon relevantes posicións na provincia e ante a nación durante os séculos XIX e XX.

Traxectoria

En 1766 solicitou co nome de Francisco de Acuña y Ocampo ser bolseiro do Colexio de San Xerome, dependente da Universidade de Santiago de Compostela. Para facelo houbo demostrar coñecementos de gramática, ser fillo lexítimo, “cristián vello e descendente de tal".

Tres anos máis tarde marchou a Buenos Aires, cidade na que “aprendeu o comercio” e permaneceu até 1772. Radicado en Catamarca por disposición real, desempeñouse como Defensor Fiscal e Comisionado de Temporalidades, Notario do Santo Oficio, Alcalde de 1.er. Voto, Tenente Gobernador, Sub-delegado da Real Facenda, Sarxento Maior da Praza, Comandante de Armas e Deputado ante o Consulado de Buenos Aires.