Francisco Marhuenda

Modelo:BiografíaFrancisco Marhuenda

Marhuenda en maio de 2013
Nome orixinal(es) Francisco Marhuenda García Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1961 (63 anos)
Barcelona, España
Director La Razón
2008 –
Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de decembro de 1995 – 23 de maio de 1996
Circunscrición electoral: Barcelona
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
OcupaciónXurista e xornalista
EmpregadorUniversidade Abat Oliba CEU
Universidade Rei Xoán Carlos
Universidade Autónoma de Barcelona
La Razón Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1995–2008) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

IMDB: nm2873208 BNE: XX1007103 Editar o valor en Wikidata

Francisco Marhuenda García, nado en Barcelona o 12 de xaneiro de 1961, é un avogado español, actual director do diario La Razón.

Biografía

Francisco Marhuenda é Doutor en Dereito[1] e licenciado en Periodismo, adicándose tamén á vida política.

En febreiro de 2008 foi nomeado director de La Razón por acordo do Consello de Administración. Tamén é persoal docente na Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.[2]

Periodista

Traballou no ABC, ademais de colaborar en Economist & Jurist e El noticiero universal.[3] Tras un período traballando no Goberno, volveu exercer como xornalista e incorporouse en 2001 a La Razón como subdirector en Cataluña. En febreiro de 2008, sete anos máis tarde, foi elixido Director do periódico, substituíndo a José Alejandro Vara.[4]

É colaborador en diferentes programas de radio e televisión, como Julia en la Onda (Onda Cero, 2010-2011), La linterna (Cadena COPE, desde 2010), La Mañana (Cadena COPE, desde 2010), El món a Rac 1 (Rac 1 ), 59 segundos (TVE, 2008-2012), Los desayunos de TVE (desde 2009), El debate de La 1 (TVE), Espejo Público (Antena 3) ou Al rojo vivo (laSexta, desde 2012).

O 1 de febreiro de 2013, a raíz da publicación dun comentario editorial seu, exculpatorio do Presidente do Goberno sobre o "Caso Bárcenas" no xornal que dirixe, "La Razón" (http://www.larazon.es/detalle_opinion/noticias/919610/opinion+columnistas/causa-general-contra-el-pp ), suscitou unha enorme polémica, ao considerar moitas das opinións posteriores, que o seu artigo carecía de falta de obxectividade.

Profesor universitario

Desde 1993 exerce como profesor en distintas universidades españolas. Foi profesor de Comunicación e Dereito da Información na Universitat Abat Oliva e profesor de Dereito Constitucional na Universidade Autónoma de Barcelona. En outubro de 2018 foi nomeado profesor titular na Universidade Rei Xoán Carlos.[5]

Política

Nos anos 1970 formou parte do Comité Executivo das Xuventudes de UCD.[6] En 1995 afiliouse ao Partido Popular e resultou elixido deputado deste partido no Parlamento de Cataluña o 19 de novembro dese mesmo ano. O 10 de maio de 1996, cando o PP gañou as eleccións xerais, o Consello de Ministros nomeouno Director do gabinete do ministro de Administracións Públicas,[7] baixo as ordes do que, anos despois, sería presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Continuou no mesmo cargo xunto a Rajoy cando este, en 1999, foi nomeado Ministro de Educación e Cultura. Cando Rajoy era Ministro da Presidencia, Marhuenda foi nomeado, o 5 de maio de 2000, Director Xeral de Relacións coas Cortes en dito Departamento.[8] Exerceu o cargo durante algo menos dun ano.

Premios

  • Antena de Ouro (2007)

Notas

  1. "[Ficha da tese] Los hechos diferenciales y el proceso de la construcción política de las autonomías.". Base de datos TESEO (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  2. "Profesores e Investigadores". gestion2.urjc.es (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  3. Infoperiodistas.com, ed. (12 de febreiro de 2008). "Francisco Marhuenda, nuevo director de La Razón". Consultado o 2 de maio de 2013. 
  4. El Mundo, ed. (11 de febreiro de 2008). "Francisco Marhuenda, director de 'La Razón' tras la marcha de Vara". Consultado o 2 de maio de 2013. 
  5. "Resolución de 4 de octubre de 2018, de la Universidad Rey Juan Carlos, por la que se nombra Profesor Titular de Universidad a don Francisco Marhuenda García.". Boe.es (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  6. Foro Nueva Economía (ed.). "Biografía de Francisco Marhuenda". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2016. Consultado o 2 de maio de 2013. 
  7. Boletín Oficial del Estado, ed. (11 de maio de 1996). "Real Decreto 974/1996, do 10 de maio, polo que se nomea como Director do Gabinete do Ministro de Administracións Públicas a don Francisco Marhuenda García" (PDF) (en español). Consultado o 2 de maio de 2013. 
  8. "REAL DECRETO 632/2000, de 5 de mayo, por el que se dispone el cese de don Francisco Marhuenda García como Director del Gabinete del Ministro de Educación y Cultura" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en español). 11 de maio de 1996. Consultado o 2 de maio de 2013.