Francisco Garmendia

Modelo:BiografíaFrancisco Garmendia
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor en Wikidata
Azpeitia, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Zumaia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsociólogo, profesor universitario, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Deusto Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoPatxi Juaristi Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1653080 Dialnet: 579055

Francisco Garmendia Agirrezabalaga, nado en Azpeitia, en 1946 e finado en Zumaia3 de decembro de 2015, foi un sociólogo, catedrático universitario e político vasco.[1][2]

Traxectoria

Cursou os seus estudos en Teoría Política na Universidade de Múnic, onde se doutorou, e en Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Desenvolveu o seu labor educativo na Universidade de Deusto (1977-2011) onde foi catedrático de Socioloxía, director do máster sobre Xestión do Coñecemento e decano da Facultade en dúas ocasións.[1][3][4] Tamén dirixiu a Escola de Maxisterio.[2] No edito político, foi o primeiro director xeral de Política Lingüística do Goberno vasco, sendo lehendakari Carlos Garaikoetxea.[2]

Foi autor de diversas publicacións sobre a situación social e política do País Vasco como Pueblo vasco y soberanía: aproximación histórica y reflexión ética, La democracia a debate. Democracia y participación ou o libro La soberanía en relación al pueblo vasco: dos siglos de confrontación 1802-2002, aproximación histórica; ademais colaborou en obras colectivas como Debate sobre economía. La crisis anunciada ou Política y valores en Vasconia.[4][5]

Notas

  1. 1,0 1,1 Universidade de Deusto (ed.). "Fallecimiento de Francisco Garmendia Agirrezabalaga (Azpeitia, 1946 – Zumaia, 2015)". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 14 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Fallece el sociólogo Francisco Garmendia, integrante del primer Gobierno Vasco". 
  3. "Los puentes de Deusto. Actas de un debate universitario". La convivencia en la sociedad vasca. Universidad de Deusto. ISBN 978-84-9830-606-4. 
  4. 4,0 4,1 Etor-Ostoa (ed.). Debate sobre economía La crisis anunciada (PDF). ISBN 978-84-96288-77-5. 
  5. Biblioteca Nacional de España. "Garmendia, Francisco (1946-)".