Naceu nunha familia de clase media, fillo do mestre e practicante Manuel Camba Bóveda e de Juana Andreu Temes. Foi irmán de Julio Camba, e a súa casa natal converteuse na Casa Museo Irmáns Camba[2].
De regreso a Madrid colaborou en diferentes periódicos, como El Parlamentario, fundado e dirixido polo seu amigo Luis Antón del Olmet. Pasou a guerra civil española, como partidario do bando sublevado, e plasmou as súas vivencias na novela Madridgrado (1939)[4].
Obra
A súa obra é de carácter costumista, internándose mesmo na crítica social, se ben derivou cara ao dramatismo sentimental[5]. Cultivou temas como a aviación en Los nietos de Ícaro ou a emigración a América en El vellocino de plata.
El idilio de "Artagnan" novela de la vida perruna (1925)
El tributo de las siete doncellas (1926)
Una morena y una rubia (1929; adaptada ao cinema en 1933 como comedia musical)
Flor de fango (1926)
Piedra rodada (1927)
Crimen de mujer (1927)
Machicha Monroy (1930)
La noche mil y dos (1930)
La sirena rubia (1931)
Lerroux, el caballero de la libertad (1935)
El pino y la palmera (1936)
Madridgrado. Documental Film (1939)
El convoy de la isla del Coral (1943)
El drama del oro negro (1943)
Fernando Villamil (1944)
Despois da guerra civil comezou un proxecto ambicioso, Episodios Contemporáneos, unha continuación dos Episodios Nacionales de Benito Pérez Galdós, tratando a historia española desde 1906 até 1936: