Aos quince anos ingresou na Academia de Enxeñeiros Militares de Guadalaxara. Aos seis meses termina formación e pasa destinado como tenente a Madrid na sección de telegrafía. Foi destinado a Sevilla co grao de Capitán (1882) e despois a Lleida, onde chegaría a Tenente Coronel. Casou con Eugenia Lamarca filla de terratenentes leridanos.
Con todo tivo que saír da institución militar logo de condenar o ataque dalgúns oficiais do exército ao semanario La Veu de Catalunya en 1905. Daquela, algúns oficiais asaltaron a imprenta na que se elaboraba o semanario que publicara unha caricatura da revista Cu-Cut que consideraron vexatoria para os oficiais destinados en Cataluña. No canto de tomarse medidas contra os militares déuselles a razón e os autores da caricatura foron xulgados por un Tribunal Militar.
Logo dunha fracasada viaxe a Moscova para pedir axuda ás autoridades comunistas decidiu contar exclusivamente coas súas forzas e organizar directamente unha incursión armada en Cataluña.