Framestore é unha empresa de efectos visuais británica coa súa sede preto de Oxford Street, en Londres. Fundada en 1986, adquiriu Computer Film Company en 1997, fusionándose posteriormente. A compañía traballa en diferentes eidos dos medios de comunicacións: filmes, anuncios, vídeos musicais, animacións tradicional 2D e dixital, e recibiu premios e nomeamentos para os BAFTA e os Óscar.
Historia
No ano 2004, a empresa estableceu unha oficina no distrito de SoHo, en Nova York. Dende entón abriu outras oficinas en Os Ánxeles, Chicago e Montreal.
Departamentos
Na actualidade conta cos seguintes departamentos:[1]
- Animation (Animación)
- Art Department (Departamento de Arte para audiovisual)
- Branded Entertainment (Entretemento de marca)
- Capture Lab (Laboratorio de captura)
- Colour (Cor)
- Design Studio (Estudio de Deseño)
- Framestore Pictures (Imaxes de Framestore)
- Labs (Laboratorios)
- Pre-production Services (Servizos de pre-produción)
- Previsualisation (Previsualización)
- Real-Time / Engine (Tempo real / Motor)
- Stills (Fotografía e imaxe fixa)
- Theme Park Attractions (Atraccións de parques temáticos)
- Technology & Research (Tecnoloxía e Investigación)
- VFX (Efectos visuais)
- Ventures (Incubadora interna de empresas)
- Virtual Reality (Realidade virtual)
Notas
- ↑ "About Us". Framestore. 2016-02-09. Consultado o 2023-03-03.
Véxase tamén
Ligazóns externas