Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Folgosa.
Folgosa é un lugar da parroquia de Piñeira no concello lugués de Ribadeo, sito na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2016 tiña 33 habitantes (16 home e 17 mulleres).
Etimoloxía
Está documentada como Felcosa. Segundo Xosé María Rodríguez, Felc procede do latín filix, (folgueira). O segundo é o sufixo abundancial osus, que dá Filicosa. O primeiro -i- de Filicosa convértese en -e- por disimilación, quedando Felicosa. O -i seguinte pérdese pola súa proximidade á tónica, igual que salicarius > salgueiro. Logo o -c-, por suavización, evoluciona a -g-, como amicus > amigo, dando Folgosa, lugar de moitas folgueiras.
Lugares e parroquias
Lugares de Piñeira
Parroquias de Ribadeo
Notas