Folga feminista do 8 de marzo de 2018

Mobilización do Paro Internacional de Mulleres 2018 en Montevideo

A folga feminista do 8 de marzo de 2018[1] foi unha mobilización que tivo lugar o 8 de marzo de 2018, no Día Internacional da Muller. Foi convocada por organizacións feministas e aliadas da loita polos dereitos das mulleres en todo o mundo.[2][3] Produciuse a adhesión de máis de 170 países e houbo unha gran cantidade de actividades locais relacionadas.[4][5][6][7][8]

A mobilización foi motivada pola loita contra a violencia contra as mulleres, a desigualdade de xénero e as distintas formas de opresión contra as mulleres. A acción internacional simultánea tivo o obxectivo de visibilizar a situación de explotación das mulleres no ámbito do traballo, a reprodución social e o traballo reprodutivo.[9][10]

Antecedentes

Un primeiro antecedente histórico de paro nacional convocado polo movemento de mulleres tivo lugar en Islandia, o 24 de outubro de 1975, no que participaron traballadoras remuneradas e amas de casa. Nun aniversario desa folga, o 24 de outubro de 2016, as traballadoras islandesas deixaron os seus postos de traballo dúas horas e vinte e dous minutos antes do previsto como forma de facer visible a fenda salarial entre homes e mulleres.[11]

O 8 de marzo de 2000 a Campaña Internacional por un Salario para o Traballo no Fogar convocou a primeira Folga Mundial das Mulleres reivindicando outorgar ás mulleres xustiza pola súa contribución non recoñecida na forza de traballo.[12] A convocatoria foi especialmente activa internacionalmente nos anos 2000 e 2001.[13]

O 3 de outubro de 2016 realizouse unha protesta masiva en Polonia, bautizada como "luns negro", contra un proxecto de lei que criminalizaba o aborto, incluíndo o aborto espontáneo e a interrupción do embarazo como consecuencia dunha violación. A gran repercusión desta protesta freou a lei no parlamento polaco. O 19 de outubro de 2016, na Arxentina, integrantes do movemento Ni Una Menos e doutras organizacións feministas convocaron a un paro dunha hora e diversas mobilizacións, logo dunha semana na que houbo sete feminicidios. O 21 de xaneiro de 2017 en Estados Unidos celebrouse a Marcha das Mulleres en Washington.

Neste marco de manifestacións masivas en distintos países, as activistas polacas comezaron a conectarse e a coordinar accións con movementos semellantes doutros países, sumándose inicialmente Israel, Italia, Corea do Sur, Rusia, Irlanda, Brasil e México para conformar un grupo impulsor do Primeiro Paro Internacional de Mulleres.[14]

O 8 de marzo de 2017 tivo lugar o Primeiro Paro Internacional de Mulleres, con presenza en máis de 50 países e 200 cidades ao redor do mundo.[15] De igual xeito, o 25 de novembro de 2017 sucedéronse importantes manifestacións polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller en varios países. De igual modo houbo unha masiva resposta á convocatoria da Marcha das Mulleres 2018 nos Estados Unidos. Estas mobilizacións foron consideradas por un certo número de activistas como antecedentes para unha segunda convocatoria global ao paro internacional de mulleres.[16][17]

Posteriormente, en outubro de 2017, na 3ª Conferencia Mundial de Mulleres da CSI/Asemblea de Organización de Mulleres, que reúne a 200 mulleres sindicalistas do mundo, celebrada en Costa Rica, representantes sindicais de América Latina, especialmente da Arxentina e do Brasil pediron aos sindicatos participar na convocatoria do segundo Paro Internacional de Mulleres do 8 de marzo de 2017.[18]

Paro Internacional de Mulleres 2018

Convocatoria

Baixo lemas como #NósParamos, #WeStrike, «Se as nosas vidas non valen, produzan sen nós»; «Iso que chaman amor é traballo non pagado», os movementos feministas convocaron un paro laboral, estudantil, de coidados e de consumo. O chamamento incluíu a mulleres asalariadas e non asalariadas, de todas as orientacións e identidades sexuais.

Unha das principais reivindicacións foi "por unha sociedade libre de violencia machista", cuxa manifestación máis visible é a agresión e asasinato de mulleres polo só feito de ser mulleres. Tamén se reivindicaron os dereitos laborais das mulleres, afectados pola precarización, a fenda salarial e o acoso sexual no lugar de traballo. Así mesmo, denunciáronse a pobreza, a violencia racial, a persecución de inmigrantes e os recortes de programas sociais e de saúde.[19]

Organización

As mobilizacións do 8 de marzo de 2018 foron preparadas en máis de 70 países por múltiples organizacións, colectivos e activistas a nivel nacional e local. A nivel global, estas mobilizacións foron articuladas por coalicións como a Internacional Feminista e o Paro Internacional de Mulleres (International Women Strike).[20]

En decenas de cidades realizáronse asembleas preparatorias co fin de organizar marchas e outras accións. Estas asembleas non responderon a unha organización centralizada e foron convocadas a nivel local, xeralmente en espazos públicos como prazas, con convocatorias que foron desde algunhas decenas a máis de mil participantes, como a que tivo lugar en Buenos Aires o 8 de febreiro de 2018.[9]

Os sindicatos apoiaron o paro nalgúns países, aínda que a modalidade deste apoio foi un tema de debate.[21] Mentres que algúns sectores do sindicalismo alegaban que unha folga non podía legalmente distinguir entre sexos, o movemento feminista sostivo que soamente as mulleres debían parar. Desde esta perspectiva, os homes debían acompañar, asumindo as tarefas laborais e de coidados que quedasen sen atención e participar con outro tipo de accións que contribuísen a visibilizar o protagonismo das mulleres.[22] En España, CNT, CXT, Cobas e outros sindicatos non maioritarios convocaron folga xeral de 24 horas, polo que deron cobertura legal para podela realizar en todos os centros de traballo durante todo o día. Doutra banda, UXT e CCOO convocaron paros parciais de 2 horas pola mañá e dúas horas pola tarde;[23] CIG en tres quendas de dúas horas, mañá, tarde e noite [24] e USO dúas horas pola mañá.[25] Parte da patronal acusounos de secundar unha folga política, pero non os levaron ante a Xustiza.[26]

Movemento "As xornalistas paramos"

Lectura do manifesto, 8 de marzo de 2018 na praza de Callao, Madrid.

En España a principios de marzo iniciouse de maneira espontánea un movemento de mulleres xornalistas baixo o lema "As xornalistas paramos" que en poucos días logrou o apoio de máis de 8 000 mulleres profesionais dos medios de comunicación.[27] O movemento denunciaba de maneira específica a fenda salarial que sofren as mulleres no sector, o teito de cristal, a precariedade e os niveis de temporalidade superiores que sofren as mulleres xornalistas en relación aos seus compañeiros, o acoso sexual e laboral e reclamaba a corresponsabilidade nos coidados. Tamén animaba a colectivos de mulleres xornalistas doutros países a realizar o seu propio manifesto.[28][29][30]

O 8 de marzo convocou á lectura do manifesto na Praza Callao de Madrid, ás portas do Palacio da Prensa. A concentración contou coa participación de varios centenares de mulleres xornalistas dos principais medios españois. Tamén se convocou noutras cidades españolas: Barcelona, Bilbao, Granada, Cádiz, Valencia, Sevilla ou León.[31] No texto explicaban que, conscientes da "relevancia social" do traballo que desempeñan, mostraban a súa preocupación por "a visión parcial da realidade que tantas veces ofrecen os medios e na que falta a presenza e achegas das mulleres". Tamén houbo un chamamento de máis de 6.400 mulleres xornalistas a prol da folga onde entre outras ideas se afirmou que: "O feminismo tamén é necesario para mellorar o xornalismo", destacaban.[32]

Por esta razón, as profesionais que impulsaron o manifesto reivindicaron aos medios de comunicación e empresas xornalísticas que tomasen medidas en campos como a fenda salarial, fronte á que esixían "transparencia salarial e unha revisión de categorías, complementos e criterios profesionais".[31]

Reivindicacións do 8M

Igualdade política e civil, igualdade ante a lei, igualdade salarial, dereito ao traballo, dereito á educación, igualdade de oportunidades e igualdade de resultados da muller respecto ao home constitúe o núcleo xeral das reivindicacións mundiais que tiveron unha expresión propia en cada país dependendo da súa situación sociopolítica. Así se reivindicaban, como parte dos dereitos humanos, os dereitos reprodutivos (acceso á planificación familiar e os métodos anticonceptivos e dereito ao aborto), liberdade sexual (diversidade sexual, LGBT) etc.[33] Reclamouse o fin da violencia machista (agresións, humillacións, marxinacións ou exclusións, violacións, asasinatos de mulleres) e a adopción de medidas legais, políticas e educativas para protexer ás mulleres. Denunciouse a fenda salarial entre homes e mulleres reclamando a igualdade salarial para o mesmo posto de traballo. Reivindicouse o traballo reprodutivo (traballo doméstico e traballo de coidados)[34] fundamental para soster a vida dos seres humanos e que, indicaban, é desempeñado maioritariamente por mulleres e non recoñecido. Reivindicouse tamén un estado laico e unha educación en igualdade.[35][36][37]

Notas

  1. "8M FOLGA FEMINISTA". Praza Pública. 8 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  2. Jaffe, Sarah (24 de febreiro de 2018). "Por qué mujeres del todo el mundo planean hacer huelga el 8 de Marzo". Viento Sur. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  3. "Hacia la huelga feminista del 8-M: el día en el que las mujeres intentarán parar el mundo". Cuarto Poder. 29 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  4. "Las mujeres preparan el Paro Internacional del 8 de marzo - TN.com.ar". Todo Noticias (en castelán). 5 de febreiro de 2018. 
  5. "Una huelga feminista sin fronteras, de Argentina a Kurdistán". diario.es (en castelán). 22 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  6. Sahuquillo, M.R. (7 de marzo de 2018). "Distintos países, un mismo grito contra la desigualdad". El País. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2019. 
  7. "8-M: El feminismo desborda España". La Marea. 9 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  8. Sánchez, Juan Luis (8 de marzo de 2018). "8M: Orgullo feminista". eldiario.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Paro Internacional de Mujeres: multitudinaria asamblea para organizar el 8M - TN.com.ar". Todo Noticias (en castelán). 10 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  10. Panzerini, Lorena (22 de xaneiro de 2018). "Parar para mover todo. Hacia el nuevo Paro Internacional de Mujeres". PAGINA12 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2018. Consultado o 17 de febrero de 2018. 
  11. "El ejemplo más reciente: la huelga de las mujeres islandesas". lamarea.com (en castelán). 6 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  12. "Mujeres y niñas hacen 2/3 del trabajo mundial por 5% de los ingresos". www.mujeresenred.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  13. Blume, E. Sue. "- Mujeres en Red". www.mujeresenred.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  14. Jaffe, Sarah (9 de febreiro de 2018). "Women Across the Globe Are Planning to Strike on March 8. Here’s Why.". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  15. "Fotogalería del 8M en el mundo; el día en que las mujeres hicieron temblar la tierra". LARED21 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 17 de febrero de 2018. 
  16. Bogado, Male (9 de marzo de 2018). "#8MPy: Mujeres marcharon por un sistema justo y humano para todos". DX (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  17. "Miles, de cara al 8 de marzo. Segundo día de la Women’s March y convocatorias hacia el Paro Internacional". PAGINA12 (en castelán). 22 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  18. "3a Conferencia Mundial de Mujeres de la CSI/Asamblea de Organización de Mujeres - Confederación Sindical Internacional". www.ituc-csi.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2018. 
  19. Angela Davis / Nancy Fraser / Linda Alcoff / Cinzia Arruzza / Tithi Bhattacharya / Rosa Clemente / Z (24 de xaneiro de 2018). "Manifiesto: Un feminismo para el 99%: por eso las mujeres haremos huelga este año". Revista Contexto (en castelán) (153). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  20. "La Women’s March 2018. Protesta mundial a un año de gobierno Trump". PAGINA12 (en castelán). 21 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  21. "CCOO y UGT darán cobertura legal a la huelga de mujeres el 8 de marzo". El Periódico. 28 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  22. "Qué hacer el 8 de marzo si eres hombre y apoyas la huelga feminista". eldiario.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  23. "UGT y CCOO registran la convocatoria de huelga general para el 8 de marzo". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2018. Consultado o 04 de setembro de 2018. 
  24. "La CIG convoca una huelga femenina para el Día de la Mujer Trabajadora". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  25. "USO registra la convocatoria de huelga para el 8 de marzo". www.uso.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  26. Serra, Carlota (8 de marzo de 2018). "¿Qué opinan las patronales catalanas sobre la huelga del 8 de marzo?". ElNacional.cat. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  27. "5.200 mujeres periodistas respaldan la huelga del 8 de marzo". El País (en castelán). 3 de marzo de 2018. 
  28. "Las periodistas paramos". Las periodistas paramos (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  29. "Más de 5.300 mujeres periodistas firman un manifiesto por la huelga del 8M". Catalunyapress (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2018. Consultado o 02 de agosto de 2018. 
  30. Lourido, Mariola (1 de marzo de 2018). "4.000 mujeres periodistas firman contra el machismo y apoyan la huelga del 8M". Cadena SER (en castelán). 
  31. 31,0 31,1 "Las periodistas se concentran en Callao". Madridiario (en castelán). 8 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  32. "Máis de 6.400 mulleres xornalistas asinan un manifesto de apoio á folga". galiciaconfidencial.com. 07-03-2018. Consultado o 09-03-2019. 
  33. "Pampa" Sáinz, Pablo (9 de marzo de 2018). "Argentina: una huelga atravesada por el aborto". El Salto (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  34. O 93% da poboación galega que traballa a tempo parcial para coidar a familia son mulleres, Praza Pública, 8 de marzo de 2016.
  35. "Manifiesto 8M, hacialahuelgafeminista.org España". hacialahuelgafeminista.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  36. Borraz, Marta (9 de marzo 2018). "Diez medidas que se pueden poner en marcha ya para responder a las demandas del feminismo". eldiario.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  37. "Cierre del multitudinario acto del 8M frente al Congreso: "No nos callamos más"". diario.26. 8 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas