Fobos 1

Fobos 1
Representación artística da Fobos 1
TipoCientífico
Data de lanzamento7 de xullo de 1988[1][2][3]
Foguete portadorProton K/D-2[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo de Fobos e Marte.[2][3][4][5]
NSSDC ID1988-058A

Fobos 1 foi unha sonda espacial soviética lanzada cara Marte o 7 de xullo de 1988 mediante un foguete Proton K/D-2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características

Fobos 1 foi unha sonda espacial soviética que, xunto coa súa case xemelga Fobos 2, foi enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Sucesoras das sondas Vega 1 e Vega 2 destinadas a estudar Venus, os obxectivos das sondas Fobos era estudar a contorna interplanetaria, o Sol, o plasma nas proximidades de Marte, estudar a superficie e atmosfera do planeta e estudar a composición superficial de Fobos. Ambas sondas contaron con colaboración internacional, con 14 países contribuíndo con experimentos ou infraestrutura.[1][2][4][5]

A sonda estaba composta por unha sección principal presurizada con forma de toro que contiña a electrónica da nave, rodeando un módulo cilíndrico coa instrumentación científica e, por debaixo do conxunto, catro tanques esféricos de hidracina para a propulsión e o control de actitude, formado por 28 propulsores: 24 cun impulso de 50 N e catro de 10 N. Ademais cada sonda levaba unha subsonda que tería que ser soltada na superficie de Fobos para estudiala, e Fobos 2 levaba un pequeno aterrizador que tería sido capaz de saltar entre varios puntos da lúa.[1][2][4][5]

A sonda funcionou con normalidade ata que fallou en comunicarse coa Terra o 2 de setembro de 1989. O contacto non se recuperou xamais. Unha investigación revelou que o problema estivo nos comandos de software enviados desde o control de terra á nave entre o 29 e o 30 de agosto, que contiñan erros que desactivaron os propulsores, impedindo á nave orientarse para comunicarse ou xerar enerxía cos seus paneis solares.[1][2][4][5]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "PHOBOS 1" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Phobos 1" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 19 October 1988 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (88-26476 (E)). 25 de outubro de 1988: 2. Consultado o 16 de abril de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Fobos 1, 2" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Fobos 1F" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 

Véxase tamén

Outros artigos