Fluorosurfactante

Substancias perfluoroalquiladas e polifluoroalquiladas (PFAS)

Estrutura molecular do ácido perfluorooctano sulfónico (PFOS), un fluorosurfactante eficaz e bioacumulativo, da familia dos PFAS
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Modelo espacial 3D de PFOS.
Modelo espacial 3D do sulfonato de perfluorooctano.

As substancias fluorosurfactantes, polifluoroalquiladas ou perfluoroalquiladas (PFAS), tamén coñecidas como substancias fluoroorgánicas ou "químicos eternos", son compostos químicos organofluorados sintéticos caracterizados por varios átomos de flúor (F) unidos a átomos de carbono (C).[1] Estes compostos teñen unha 'cola' fluorada e unha 'cabeza' hidrófila, e poden ser perfluorados ou polifluorados, o que significa que a cola pode estar total ou parcialmente fluorada (todos os átomos de carbono unidos a flúor ou só algúns deles). Debido á súa estrutura molecular e ao forte enlace CF, os PFAS son extremadamente estables e resistentes á degradación.[2] Como surfactantes, son máis eficaces reducindo a tensión superficial da auga que os tensioactivos baseados en hidrocarburos. Algunhas destas substancias, como o PFOS, foron detectadas en humanos e animais salvaxes.[3]

Investigación

En 1997, mentres traballaba para a compañía 3M, a científica Kris Hansen descubriu que as mostras de sangue recollidas por todo Estados Unidos contiñan PFAS, que eran perigosos para a saúde humana e que se converteron nunha presenza constante nos ecosistemas. Hansen revelou que a empresa tentou desacreditar os seus datos e ocultar a toxicidade dos PFAS.[4]

Un estudo do Centro Helmholtz de Investigación Ambiental (UFZ) explorou os efectos nocivos dos PFAS no cerebro, utilizando métodos avanzados de bioloxía molecular e o peixe cebra como organismo modelo. Revelouse que os PFAS poden levar a danos hepáticos, obesidade, trastornos hormonais e cancro, e descubriuse que alteran certos xenes implicados no desenvolvemento cerebral e no comportamento. Utilizando a técnica CRISPR/Cas9, os investigadores determinaron que a exposición a PFAS inducía hiperactividade nos alevíns de peixe cebra, un efecto que cesaba ao retirar os químicos.[5]

Unha investigación transnacional recente desvelou máis de 14.000 documentos que mostran como a industria química encubriu durante décadas a toxicidade dos PFAS, asociados con varios tipos de cancro, infertilidade e unha menor resposta ás vacinas. Ademais, o Ministerio de Sanidade de España está a realizar estudos para detectar a presenza destes químicos en persoas e en auga potable, coa participación de 3.800 voluntarios para medir os químicos de risco acumulados no organismo.[6]

Regulación

As medidas regulatorias recentemente implantadas obrigan a todas as empresas de abastecemento de auga potable a controlar os catro PFAS máis perigosos e, a partir de 2025, a suma de 20 PFAS, incrementando os custos de análise e tratamento da auga.[6]

Notas

  1. "O que são PFAS? - PFAS Exchange" (en portugués). 2020-09-28. Consultado o 2024-10-14. 
  2. Yukio Okada, Dagoberto; Da Silva Ferreira, Ana Carolina (2024). "SUBSTÂNCIAS PERFLUORALQUILADAS E POLIFLUORALQUILADAS (PFAS): UMA REVISÃO SOBRE TRATAMENTOS, REGULAMENTAÇÃO E MONITORAMENTO" (PDF). XXXII Congresso de Iniciação Científica da UNICAMP. Consultado o 2024-10-14. 
  3. Lehmler, Hans-Joachim (2005-03-01). "Synthesis of environmentally relevant fluorinated surfactants—a review". Chemosphere 58 (11): 1471–1496. ISSN 0045-6535. doi:10.1016/j.chemosphere.2004.11.078. 
  4. Ron, Antonio Martínez (2024-07-13). "La científica que detectó los ‘químicos eternos’ en la sangre y fue silenciada por la industria: “Se podría haber evitado”". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-01-15. 
  5. Staak, Andreas. "Press releases - PFAS influence the development and function of the brain". www.ufz.de (en inglés). Consultado o 2025-01-15. 
  6. 6,0 6,1 DATADISTA, Ana Tudela, Antonio Delgado. "Alerta PFAS: 70 años de engaños de la industria química que ya han llegado al grifo y a tu sangre. Un especial de DATADISTA para elDiario.es". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-01-14. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Information related to Fluorosurfactante