DenomÃnase filoloxÃa á parte da lingüÃstica dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración fÃsica das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de BiblioteconomÃa e Restauración). Se ben a súa etimoloxÃa indica que deberÃa significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüÃstico. AplÃcase por extensión a todo o coñecemento lingüÃstico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "FilosofÃa e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "FiloloxÃa" desa lingua.
Ensino en Galicia
Ata a década dos anos 1980, os estudos de FiloloxÃa Galega adscribÃanse coma unha sección de FiloloxÃa hispánica chamada especialidade en FiloloxÃa galego-portuguesa, pero logo foron segregados coma unha carreira á parte. Na actualidade a FiloloxÃa Galega estúdase nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo. No ensino universitario galego, as filoloxÃas están centradas tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa puxéronse en funcionamento centros e facultades en varios campus.
A distribución das FiloloxÃas nos Campus galegos é a seguinte:
Universidade de Santiago de Compostela
|
Campus de Santiago
|
FiloloxÃas galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica e clásica[1]
|
Campus de Lugo
|
FiloloxÃa hispánica[2]
|
Universidade da Coruña
|
Campus da Coruña
|
FiloloxÃa galega, hispánica e inglesa[3]
|
Campus de Ferrol
|
non hai filoloxÃas
|
Universidade de Vigo
|
Campus de Vigo
|
FiloloxÃa galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)[4]
|
Campus de Pontevedra
|
non hai filoloxÃas
|
Campus de Ourense
|
non hai filoloxÃas
|
Notas
- ↑ "FiloloxÃas galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica, italiana e clásica". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2005. Consultado o 23 de febreiro de 2005.
- ↑ Lingua e Literaura Españolas
- ↑ FiloloxÃa galega, hispánica e inglesa
- ↑ FiloloxÃa galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)