O ferrocarril Transiberiano, abreviadamente coñecido como o Transiberiano (en ruso Транссибирская магистраль, Transsibirskaya magistral, Транссиб, Transsibirs) é unha rede ferroviaria que conecta Moscova coa parte oriental da Federación Rusa.[1]
Cunha lonxitude de 9 289 km entre Moscova e Vladivostok, é a terceira liña ferroviaria máis longa do mundo.[2]
Os ministros do goberno do Imperio Ruso nomeados persoalmente polo emperador Alexandre III de Rusia e o seu fillo, o tsarevich Nicolao, supervisaron a construción do ferrocarril entre 1891 e 1916. Mesmo antes da súa finalización, a liña atraeu viaxeiros que escribiron sobre as súas aventuras.[3]