Fernando Acuña Castroviejo, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1945 e finado en Vedra o 13 de setembro de 2016[1], foi un arqueólogo galego.
Traxectoria
Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. foi membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega. Tamén foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
Os seus traballos céntranse na arqueoloxía romana, destacando especialmente as súas investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática.
Obra en galego
Ensaio
- Arredor da arqueoloxía, 2002, Universidade de Santiago de Compostela.
Obras colectivas
Obra en castelán
Ensaio
- Mosaicos romanos de Hispania citerior: Conventus Lucensis, 1974.
Obras colectivas
- La romanización de Galicia, 1976, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro.
- «Vigo en la antigüedad», en Álvaro Cunqueiro & José Mª Álvarez Blázquez (coordinadores), 1980, Vigo en su historia, pp. 13–59. Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo. (Xunto con J. M. Álvarez Blázquez, Arturo Conde, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide, Antonio Odriozola et alii.)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía