Felipe de Jesús Calderón Hinojosa, nado o 18 de agosto de 1962 en Morelia, é un político mexicano membro do Partido de Acción Nacional (PAN) polo que foi candidato ás eleccións presidenciais de 2006 e nas que saíu elixido presidente de México por estreito marxe de votos fronte ó candidato da esquerda Andrés Manuel López Obrador.
Traxectoria
Durante a súa carreira foi Secretario Nacional da Xuventude Acción, Secretario da Educación e Secretario-Xeral do Partido de Acción Nacional, era candidato para o Goberno de Michoacán, en 1995. Entre 1994 e 1999, foi o presidente do Partido de Acción Nacional, representado dunha maioría na Asemblea do Distrito Federal, deputado federal por dúas veces, de 2000 a 2003, foi coordinador do Grupo parlamentario do Partido de Acción Nacional na Cámara dos Deputados de México. gustavo