Fawzia de Exipto ou Princesa Fawzia Fuad de Exipto (en árabe: فوزية بنت الملك فؤاد, en persa: فوزیه فؤاد) nada en Alexandría, Exipto, o 5 de novembro de 1921 e finada na mesma cidade o 2 de xullo de 2013, pertencente á dinastía de Mehmet Alí, foi filla do rei Fuad I de Exipto (entón sultán) e da raíña Nazli.[1] Foi irmá do rei Faruq de Exipto, así como a primeira esposa e raíña consorte de Mohammad Reza Pahlavi, último xa ou emperador de Irán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos