María Faia Díaz Novo, nada en Santiago de Compostela en 1988, é unha cantante galega e historiadora da arte.[1]
Traxectoria
Faia é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudos de etnomusicoloxía, cine e crítica artística e ten un Mestrado en Xestión do Patrimonio Arquitectónico, Museos e consumo de Arte pola USC.[2]
Foi unha das fundadoras e integrantes do grupo De Vacas e do Coro Encaixe. O seu primeiro disco en solitario titúlase Ao cabo leirín[3] e onde recolle música e letras de cancións tradicionais transmitidas por mulleres.[4]
Notas