Explorer 9 foi o primeiro dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,66 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior.[2][5] Foi inxectado nunha órbita inicial de 2448 km de apoxeo e 749 km de perixeo cun período de 118,1 minutos e unha inclinación orbital de 38,81 graos[3] e foi o primeiro satélite en ser posto en órbita mediante un foguete de propelente sólido en tódalas súas etapas e o primeiro en ser posto en órbita con éxito desde Wallops Island.[2][5] O satélite era idéntico ao errado Explorer S-56, que non chegou a alcanzar órbita polo fallo da segunda etapa do seu foguete portador, estrelándose a 130 km do sitio de lanzamento, Wallops Island.[6]
A esfera do satélite estaba formada capas alternantes de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico. A esfera inicialmente lanzouse empaquetada nun tubo de 21,6 cm de diámetro e 48,3 cm de longo que viaxaba no morro da última etapa do foguete Scout. Trala posta en órbita, unha botella de gas nitróxeno inflaba a esfera e un mecanismo de separación a apartaba do tubo contedor.[2][5]
Os dous hemisferios de aluminio da capa exterior da esfera estaban separados por unha banda ecuatorial de mylar que servía como antena para a baliza de 135 mW de potencia e 136 MHz de frecuencia usada para o seguimento do satélite. A baliza fallou antes de dar a primeira órbita e o seguimento tivo que facerse por medios ópticos. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que alimentaban baterías recargables.[2][5]
Explorer 9 reentrou na atmosfera o 9 de abril de 1964.[1][2][5]
Resultados
Entre outros, os datos de arrastre do Explorer 9 na atmosfera superior serviu para establecer o tempo que transcorre entre o pico dunha tormenta xeomagnética e o posterior máximo na densidade atmosférica.[7] Os datos ópticos foron analizados para determina-lo arrastre atmosférico[8] e o comportamento físico da atmosfera superior.[9]
Notas
↑ 1,01,11,2N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 9"(en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2012.
↑"AERONAUTICAL AND ASTRONAUTICAL EVENTS OF 1961"(PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS - U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES . EIGHTY-SEVENTH CONGRESS - SECOND SESSION: 7. 7 de xuño de 1962. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2012.