Exonuclease

Exonuclease 3'→ 5' asociada con Pol I.

As exonucleases son encimas que funcionan escindindo nucleótidos un a un a partir do extremo terminal dunha cadea polinucleotídica. Como atacan por un extremo do ácido nucleico denomínanse co prefixo exo (os encimas que atacan no interior son endonucleases). Estes encimas catalizan unha reacción de hidrólise que rompe os enlaces fosfodiester desde o extremo 3' ou o 5', polo que ou ben actúan en sentido 3'→5' ou ben no 5'→3'. Eucariotas e procariotas posúen ambos tres tipos de exonucleases que interveñen na maduración normal do ARNm: unha exonuclease 5'→3', que é unha proteína do complexo de eliminación da carapucha 5' do ARNm, unha exonuclease 3'→5', que é unha proteína independente, e a exonuclease 3'-5' específica da cola poli-A.[1][2] A actividade exonuclease é moi importante tamén nas polimerases.

En arqueas e eucariotas, unha das principais rutas de degradación do ARN é levada a cabo polo complexo exosoma un complexo multiproteico que consta en gran parte de exorribonucleases 3'→5'.

Actividade de exonuclease nas polimerases

O holoencima ADN polimerase III ten unha actividade exonuclease 3'→5' na súa subunidade epsilon, necesaria para a corrección de probas na que se eliminan os erros de replicación.

A ADN pol I coloca desoxirribonucleótidos no lugar ocupado polo cebador de ARN que acaba de ser eliminado. A ADN polimerase I tamén posúe actividades de exonuclease 3'→5' a cal se utiliza para facer a corrección de probas para corrixir os erros na replicación do ADN. Tamén ten unha actividade exonuclease 5' → 3' que media a chamada nick translation (traslado da amosega) durante a reparación do ADN.

A ARN polimerase II funciona durante a terminación da transcrición en lévedos en conxunción coa exonuclease 5' Rat1 degradando o extremo 5' do transcrito acabado de formar, deixando o sitio de poliadenilación e disparando simultaneamente a polimerase.[3]

Tipos de exonucleases presentes en E. coli

Exonuclease WRN cos seus sitios activos en cor amarela.

En 1971 descubriuse a primeira exonuclease de E. coli, a exonuclease I, e despois descubríronse máis, como as exonucleases II, III, IV, V, VII e VIII. Cada tipo de exonuclease ten unha función ou requirimento específico.[4] As máis importantes son:

  • A exonuclease I rompe as moléculas de ADN monocatenaro en dirección 3'→5', liberando deoxirribonucleósidos 5'-monofosfato, un por un. Con todo, é incapaz de actuar sobre fibras de ADN que non teñan grupos 3'-OH libres, porque estes se encontran bloqueados por un grupo fosforíl ou acetil.[5]
  • A exonuclease II está asociada á ADN polimerase I, a cal posúe actividade exonuclease 5' e pode cortar en dirección 5' → 3' o cebador de ARN nun sitio de síntese do ADN.
  • A exonuclease III posúe catro actividades catalíticas:
    • Actividade exodesoxirribonuclease 3’-5’, a cal é específica para ADN de dobre cadea
    • Actividade de ARNase
    • Actividade 3’ fosfatase
    • Actividade endonuclease de tipo AP (máis tarde chamada actividade endonuclease de tipo II).[6]
  • A exonucleas IV é unha hidrolase que engade á reacción unha molécula de auga, de modo que pode romper o enlace fosfodiéster dun oligonucleótido para formar un nucleósido 5'-monofosfato. Esta exonuclease require Mg2+ para funcionar e actúa a temperaturas maiores que a exonuclease I.[7]
  • A exonuclease V é un encima hidrolítico con actividade de exonuclease 3’-5’ que cataliza a degradación tanto de ADN de dobre cadea como de cadea simple, require Ca2+ para funcionar e é extremadamente importante no proceso de recombinación homóloga.[8]
  • A exonuclease VIII é unha proteína dimérica con actividade 5’-3’ que non require ATP nin brechas nin cortes na cadea para actuar, aínda que si necesita que haxa un grupo 5'-OH libre para actuar.

Descubrimentos en humanos

No procesamento dos pre-ARNm das histonas humanas interveñen as actividades de endonuclease e exonuclease do CPSF-73. Para iniciar a degradación requírese a ribonucleoproteína U7 pertencente ás ribonucleoproteínas nucleares pequenas (snRNP), e despois actúa a exonuclease ata que o produto da clivaxe é completamente degradado.[9] Isto permite a reutilización dos nucleótidos.

Descubrimentos en lévedos

O CCR4-NOT é un complexo regulatorio xeral presente en lévedos. Este complexo está relacionado co metabolismo do ARNm, na iniciación da transcrición e na degradación do mesmo. O complexo posúe actividade exonuclease 3'-5' tanto sobre o ARN coma sobre o ADN monocatenario.[10] Outro compoñente asociado co complexo CCR4 é a proteína CAF1, a cal ten actividade 3'-5' ou 5'-3' en Mus musculus (rato).[11][12] Os lévedos conteñen ademais as exonucleases Rat1 e Xrn1. A Rat1 funciona da mesa maneia que a Xrn2 humana, mentres que a actividade da Xrn1 realízase no citoplasma onde degrada ARNr pre-5,8S e 25S en ausencia de Rat1.[13][14]

Notas

  1. Mukherjee D; et al. (2004). "Analysis of RNA Exonucleolytic Activities in Cellular Extracts". Springer protocols 257: 193–211. ISBN 1-59259-750-5. PMID 14770007. doi:10.1385/1-59259-750-5:193. 
  2. Pamela A. Frischmeyer; et al. (2002). "An mRNA Surveillance Mechanism That Eliminates Transcripts Lacking Termination Codons". Science 295 (5563): 2258–61. PMID 11910109. doi:10.1126/science.1067338. 
  3. Hage A EL; et al. (2008). "Efficient termination of transcription by RNA polymerase I requires the 5′ exonuclease Rat1 in yeast". Genes Dev. 22 (8): 1068–081. PMC 2335327. PMID 18413717. doi:10.1101/gad.463708. 
  4. Paul D. Boyer (1952). The Enzymes (1st ed.). Academic Press. p. 211. ISBN 0-12-122723-5. 
  5. Lehman IR, Nussbaum AL (1964). "The deoxyribonucleases of Escherichia Coli. V. on the specificity of exonuclease I (Phosphodiesterase)". J. Biol. Chem. 239 (8): 2628–36. PMID 14235546. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2013. 
  6. Rogers SG, Weiss B (1980). "Exonuclease III of Escherichia coli K-12, an AP endonuclease". Meth. Enzymol. Methods in Enzymology 65 (1): 201–11. ISBN 978-0-12-181965-1. PMID 6246343. doi:10.1016/S0076-6879(80)65028-9. 
  7. Mishra, N. C.; Mishra, Nawin C. (1995). Molecular biology of nucleases. Boca Raton: CRC Press. pp. 46–52. ISBN 0-8493-7658-0. 
  8. Douglas A. Julin (2000). "Detection and Quantitation of RecBCD Enzyme (Exonuclease V) Activity". DNA Repair Protocols. Methods in Molecular Biology 152. Humana Press. pp. 91–105. ISBN 978-0-89603-643-7. doi:10.1385/1-59259-068-3:91. 
  9. Yang XC, Sullivan KD, Marzluff WF, Dominski Z (2009). "Studies of the 5′ Exonuclease and Endonuclease Activities of CPSF-73 in Histone Pre-mRNA Processing". Mol. Cell. Biol. 29 (1): 31–42. PMC 2612496. PMID 18955505. doi:10.1128/MCB.00776-08. 
  10. Chen J, Chiang YC, Denis CL (2002). "CCR4, a 3′–5′ poly(A) RNA and ssDNA exonuclease, is the catalytic component of the cytoplasmic deadenylase". EMBO J. 21 (6): 1414–26. PMC 125924. PMID 11889047. doi:10.1093/emboj/21.6.1414. 
  11. Draper MP, Salvadore C, Denis CL (1995). "Identification of a mouse protein whose homolog in Saccharomyces cerevisiae is a component of the CCR4 transcriptional regulatory complex". Mol. Cell. Biol. 15 (7): 3487–95. PMC 230585. PMID 7791755. 
  12. Moser MJ, Holley WR, Chatterjee A, Mian IS (1997). "The proofreading domain of Escherichia coli DNA polymerase I and other DNA and/or RNA exonuclease domains". Nucleic Acids Res. 25 (24): 5110–8. PMC 147149. PMID 9396823. doi:10.1093/nar/25.24.5110. 
  13. Henry Y, Wood H, Morrissey JP, Petfalski E, Kearsey S, Tollervey D (1994). "The 5' end of yeast 5.8S rRNA is generated by exonucleases from an upstream cleavage site". EMBO J. 13 (10): 2452–63. PMC 395111. PMID 7515008. 
  14. Geerlings TH, Vos JC, Raué HA (2000). "The final step in the formation of 25S rRNA in Saccharomyces cerevisiae is performed by 5'→3' exonucleases". RNA 6 (12): 1698–703. PMC 1370040. PMID 11142370. doi:10.1017/S1355838200001540. 

Read other articles:

Este artículo o sección se encuentra desactualizado.La información suministrada ha quedado obsoleta o es insuficiente.Uso de esta plantilla: {{sust:Desactualizado|tema del artículo}} Facultad de Medicina de Granada Tipo Facultad universitariaForma parte de Universidad de GranadaFundación 1532LocalizaciónDirección Parque Tecnológico de la Salud, Av. de la Investigación, 11, 18016 Granada Granada,  EspañaCampus Campus Ciencias de la SaludCoordenadas 37°08′54″N 3°36′18″O...

Kerstin Berger Información personalOtros nombres Kerstin Berger-Olsson, Kerstin Berger OlssonNacimiento 3 de enero de 1916 Norrköping, SueciaFallecimiento 23 de mayo de 2003 Estocolmo, SueciaSepultura Cementerio del Norte de Estocolmo Nacionalidad SuecaFamiliaPadres Erik Berger y Ulla KellinCónyuge Gunnar OlssonInformación profesionalOcupación Actriz[editar datos en Wikidata] Kerstin Berger (3 de enero de 1916 - 23 de mayo de 2003) fue una actriz de nacionalidad sueca.[1]&...

Indoor arena in Zagreb, Croatia Arena ZagrebAddressUlica Vice Vukova 8LocationNovi Zagreb, Zagreb, CroatiaCoordinates45°46.30′N 15°56.57′E / 45.77167°N 15.94283°E / 45.77167; 15.94283OwnerCity of ZagrebOperatorZagreb Arena Ltd.[2]Capacity16,500 (Basketball)15,200 (Boxing, handball, ice hockey)22,000 (Concerts)ConstructionBroke ground20 July 2007[1]Built2007–2008Opened27 December 2008; 14 years ago (2008-12-27)Construction cost

Nationalliga B ◄ vorherige Saison 1998/99 nächste ► Meister: EHC Chur Absteiger: HC Martigny SCH Säntis (Rückzug) ↑ NLA  |  • NLB Die Saison 1998/99 war die 52. reguläre Austragung der Nationalliga B, der zweithöchsten Schweizer Spielklasse im Eishockey. Inhaltsverzeichnis 1 Hauptrunde 1.1 Tabelle 2 Playoffs 3 Weblinks Hauptrunde Tabelle Pl. Team Sp. S U N Tore Pkt. 1. EHC Chur 40 27 5 8 163:105 59 2. HC La Chaux-de-Fonds 40 28 2 10 182:110 58 3. EHC Olten 40 ...

Fundació Phonos Tipo fundaciónIndustria cultural, musicalForma legal fundaciónFundador Josep Maria Mestres QuadrenyAndrés Lewin-RichterLluís CallejoSede central Universidad Pompeu Fabra, Campus de Poblenou, BarcelonaPresidente Xavier SerraSecretario general Andrés Lewin-RichterSitio web phonos.upf.edu[editar datos en Wikidata] La Fundación Phonos (conocida simplemente como Phonos) es una institución pionera en el ámbito de la música electrónica y electroacústica en Espa�...

بنة ملا أحمد بنه ملااحمد  - قرية -  تقسيم إداري البلد  إيران[1] المحافظة محافظة خوزستان المقاطعة مقاطعة رامز الناحية القسم المركزي القسم الريفي قسم الريف الشرقي الريفي إحداثيات 31°15′35″N 49°37′24″E / 31.25972°N 49.62333°E / 31.25972; 49.62333 السكان التعداد السكاني ...

MotormasterTokoh TransformersMotormaster dalam Transformers G1InformasiAfiliasiDecepticonNama JepangConvoySub-groupStunticonsFungsiStunticon LeaderPangkat10SemboyanThese wheels are made for crushing.Model alternatifKenworth K100 Aerodyne sleeper tractor-trailer Motormaster (nama Jepang-nya sama dengan Optimus Prime, yaitu Convoy) merupakan salah satu karakter robot fiksi dalam Transformers. Ia merupakan pemimpin dari grup Stunticons yang merupakan salah satu ciptaan Megatron dari Decepticons....

Skyscraper in Johannesburg, South Africa Ponte City ApartmentsGeneral informationStatusCompletedTypeResidentialLocationBerea, Johannesburg, South AfricaCoordinates26°11′26″S 28°3′25.5″E / 26.19056°S 28.057083°E / -26.19056; 28.057083Completed1975HeightRoof173 m (567.6 ft)Technical detailsFloor count55Lifts/elevators8Design and constructionArchitect(s)Designed by Manfred HermerOther informationParkingAvailable Ponte City[1] is a skyscraper ...

Dywizjon Jazdy OchotniczejDywizjon Huzarów Śmierci Emblemat Dywizjonu Jazdy Ochotniczej Historia Państwo  Polska Sformowanie 1920 Rozformowanie 1921 Tradycje Kontynuacja Polski Korpus Ochotniczy Dowódcy Pierwszy ppor. Stanisław Nowicki Ostatni por. Józef Siła-Nowicki Działania zbrojne wojna polsko-bolszewicka Organizacja Rodzaj sił zbrojnych wojsko Rodzaj wojsk kawaleria Podległość 1 Armia Dywizjon Jazdy Ochotniczej (Dywizjon Huzarów Śmierci) – pododdział kawalerii Wojsk...

2018 video game 2018 video gameJudgmentDeveloper(s)Ryu Ga Gotoku StudioPublisher(s)SegaDirector(s)Koji YoshidaProducer(s)Daisuke SatoMitsuhiro ShimanoDesigner(s)Masao ShirosakiProgrammer(s)Yutaka ItoArtist(s)Naoki SomeyaWriter(s)Tsuyoshi FurutaToshihiro NagoshiComposer(s)Hidenori ShojiYuri FukudaChihiro AokiSaori YoshidaYuki KobayashiSeriesLike a DragonEngineDragon EngineUnity (Pinball Palor minigame)Platform(s)PlayStation 4PlayStation 5StadiaXbox Series X/SWindowsReleasePlayStation 4JP: Dece...

Business district in South Jakarta, Indonesia Business district in Jakarta, IndonesiaMega KuninganBusiness districtCoordinates: 6°13′51″S 106°49′32″E / 6.230730°S 106.825680°E / -6.230730; 106.825680Country IndonesiaCityJakartaMetroJakartaNamed forKuningan RegencyArea • Total0.54 km2 (0.21 sq mi)Languages • OfficialIndonesian & EnglishTime zoneUTC+07:00 (WIB) Mega Kuningan is a business district with an integr...

سانت هيلير   الإحداثيات 48°00′47″N 96°12′51″W / 48.013055555556°N 96.214166666667°W / 48.013055555556; -96.214166666667  [1] تقسيم إداري  البلد الولايات المتحدة[2]  التقسيم الأعلى مقاطعة بينينغتون، مينيسوتا  خصائص جغرافية  المساحة 2.185584 كيلومتر مربع2.163853 كيلومتر مربع (1 أبريل ...

American politician Frederick W. Seward6th and 11th United States Assistant Secretary of StateIn officeMarch 16, 1877 – October 31, 1879PresidentRutherford B. HayesPreceded byJohn CadwaladerSucceeded byJohn HayIn officeMarch 6, 1861 – March 4, 1869PresidentAbraham LincolnAndrew JohnsonPreceded byWilliam H. TrescotSucceeded byBancroft Davis Personal detailsBornFrederick William Seward(1830-07-08)July 8, 1830Auburn, New York, U.S.DiedApril 25, 1915(1915-04-25) (aged...

Mizuho Bank, Ltd.株式会社みずほ銀行JenisKK Publik (sebuah perusahaan Mizuho Financial Group)IndustriJasa keuanganDidirikan1897KantorpusatUchisaiwaicho, Chiyoda, Tokyo, JepangTokohkunciTakashi Tsukamoto(Presiden dan CEO)Pendapatan ¥1.034.929 juta (non-konsolidasi, FY 2010)Laba bersih ¥149.821 juta (non-konsolidasi, FY 2010)Karyawan18.969 (non-konsolidasi, Maret 2011)IndukMizuho Financial GroupAnakusahaMizuho Investors SecuritiesUC CardMizuho CapitalSitus webwww.mizuhobank.co.jp Head...

Type of fruit For other uses, see Gourd (disambiguation). Gourds at a market in Massachusetts Gourds include the fruits of some flowering plant species in the family Cucurbitaceae, particularly Cucurbita and Lagenaria. The term refers to a number of species and subspecies, many with hard shells, and some without. One of the earliest domesticated types of plants, subspecies of the bottle gourd, Lagenaria siceraria, have been discovered in archaeological sites dating from as early as 13,000 BCE...

Ice hockey team in Harmar Township, PennsylvaniaPittsburgh VengeanceCityHarmar Township, PennsylvaniaLeagueUSPHL PremierConferenceGreat LakesFounded1997 (1997)Home arenaAlpha Ice ComplexColorsBlack, red, silver, white       Owner(s)Glen MiskeGeneral managerDave DorseyHead coachDave DorseyFranchise history1997–2012Pittsburgh Jr. Penguins2012–2013Three Rivers Vengeance2013–presentPittsburgh Vengeance The Pittsburgh Vengeance are a non-sanctioned junior ice ho...

Japanese art form This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article is written like a personal reflection, personal essay, or argumentative essay that states a Wikipedia editor's personal feelings or presents an original argument about a topic. Please help improve it by rewriting it in an encyclopedic style. (August 2009) (Learn how and when to remove this template message) Thi...

American politician For the Union Army officer, see William Sterling King. William Smith KingMember of the U.S. House of Representativesfrom Minnesota's 3rd districtIn officeMarch 4, 1875 – March 3, 1877Preceded byJohn T. AverillSucceeded byJacob H. Stewart Personal detailsBornWilliam Smith King(1828-12-16)December 16, 1828Malone, New York, U.S.DiedFebruary 24, 1900(1900-02-24) (aged 71)Minneapolis, Minnesota, U.S.Resting placeLakewood CemeteryMinneapolis, Minnesot...

Sojourner Sojourner adalah rover Mars dalam misi Mars Pathfinder yang menjelajahi Mars selama sekitar tiga bulan. Rover ini memiliki kamera depan dan belakang serta beberapa alat percobaan ilmiah. Sojourner dirancang untuk misi yang berlangsung selama 7 Sol, dan dapat diperpanjang hingga 30 sol.[1] Nyatanya, rover ini beroperasi selama 83 sol, hingga komunikasi terakhir dengan Bumi terputus pada tanggal 27 September 1997.[2] Rover membutuhkan stasiun pangkalan u...

Untuk kegunaan lain, lihat Mazmur (disambiguasi). Yosua 1:1 pada Kodeks Aleppo Perjanjian Lama (Kristen) Taurat Kejadian Keluaran Imamat Bilangan Ulangan Sejarah Yosua Hakim-hakim Rut 1 Samuel 2 Samuel 1 Raja-raja 2 Raja-raja 1 Tawarikh 2 Tawarikh Ezra Nehemia Ester Puisi Ayub Mazmur Amsal Pengkhotbah Kidung Agung Kenabian Besar Yesaya Yeremia Ratapan Yehezkiel Daniel Kecil Hosea Yoël Amos Obaja Yunus Mikha Nahum Habakuk Zefanya Hagai Zakharia Maleakhi Deuterokanonika Tobit Yudit Tambahan Es...