Evangelion: O final de Evangelion (新世紀エヴァンゲリオン劇場版 /まごころを、君に, Shin Seiki Evangerion Gekijō-ban: Ea/Magokoro o, Kimi ni?) é un filme xaponés de 1997 escrito e codirixido por Hideaki Anno e animado por Gainax e Production I.G. Serve como final alternativo de Neon Genesis Evangelion, logo de que o estreado orixinalmente causase certa controversia entre os seareiros. Conta a historia do adolescente Shinji Ikari, que pilota un Evangelion Unidade 01, un dos xigantes biomecánicos que loitan contra entidades hostís chamadas Anxos. O filme retoma o argumento da serie de televisión dende o episodio 24, e está estruturado como unha versión alternativa e máis longa dos episodios 25 e 26.
Malia que gañou premios como o Gran Premio de Animage de 1997, Evangelion: O final de Evangelion inicialmente recibiu críticas dispares. Unha enquisa da revista Time Out votada por cineastas considerou Evangelion: O final de Evangelion un dos 100 mellores filmes animados de tódolos tempos.[1]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas