Gendo Ikari (碇 ゲンドウ, Ikari Gendō?) é un personaxe ficticio da franquía Neon Genesis Evangelion creado por Gainax. Na dobraxe orixinal foi interpretado por Fumihiko Tachiki.
Na serie, é o comandante de NERV, unha organización paramilitar ficticia baixo as ordes das Nacións Unidas, e o pai de Shinji Ikari, a personaxe principal da serie.[1] Marcado e aflixido pola repentina morte da súa esposa Yui, abandona ó seu único fillo, Shinji Ikari, dedicándose a un plan chamado "Proxecto de Complementación Humana", co cal quere encontrarse de novo coa súa esposa.[2]
Notas
- ↑ Verboon, Nick (13 de xuño de 2013). "90's Flashback: Neon Genesis Evangelion". Unreality Mag. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2013.
- ↑ Sony Magazines, ed. (2006-2007). "Evangelion Chronicle" 2. De Agostini Japan: 24–25.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía