Foi fundador da revista Azar Rey e cofundador da Revista de Poesía da Universidade de Carabobo. Foi investigador do Centro de Estudos Latinoamericanos "Rómulo Gallegos" de Caracas, e colaborador de gran número de revistas nacionais e estranxeiras. En 1998 recibiu o Premio Nacional de Literatura e en 2004 o Premio Internacional "Octavio Paz" de Poesía e Non Ficción. Un dos seus poemas está citado na película do director mexicano Alejandro González Iñárritu21 gramos.[3]
Publicou poemas para nenos co pseudónimo de Eduardo Polo. Entre estes traballos destaca Chamario, de 2003, da que algúns poemas foran anticipados noutros libros (como a antoloxía Poemas con sol y son, de 2001), pero na súa forma definitiva é un libro inseparable das ilustracións feitas por Arnal Ballester. A súa poesía para nenos ( chamos, de aí o título do libro) caracterízase pola súa ruptura coas convencións, como a rima, por exemplo, que respecta e destrúe ao mesmo tempo: “Un niño tonto y retonto / sobre un gran árbol se montó./ Con su pelo largo y rubio / hasta la copa se subió"; a experimentación lingüística con fins lúdicos: "La bici sigue la cleta / por una ave siempre nida / y una trom suena su peta... / ¡Qué canción tan perseguida!"; en xeral, a presenza de elementos absurdos, cando menos os espera o lector. Por exemplo, escribiuse sobre a súa obra: “Os seus poemas musicais, intelixentemente humorísticos, até parecer sinxelos pero cuxa composición revela talento poético e un gran dominio da linguaxe”.[5]