Vóóhéhéve,[1] máis coñecido como Estrela da Mañá (tradución do inglésMorning Star), nado c.1810 nalgún lugar do val do río Rosebud, Montana,[2] e finado en 1883,[3] foi un gran xefe dos cheyenne do norte durante o século XIX. Fíxose notar pola súa activa resistencia á colonización do Oeste e contra o Goberno Federal dos Estados Unidos de América. É debido á coraxe e determinación de Estrela da Mañá e outros líderes cheyennes que os cheyennes do norte aínda posúen terras no seu territorio tradicional (hoxe en día Montana).
Nome
O seu nome en lingua cheyenne era Vóóhéhéve, pronunciado [voː.hɪ.hɪv],[4] que significa Estrela da Mañá (en inglés: Morning Star).[1] Porén, foi máis coñecido como Tamílapéšni (pronuncia lakota [ta.mɪ.la.peʃ.nɪ]), o nome que lle deron os seus aliados lakota,[5] co significado de Coitelo Desafiado (en inglés: Dull Knife).[6]
Posteriormente, aliouse cos lakota e outras tribos contra os Estados Unidos na gran guerra síux de 1876, que levou á derrota do xeneral Custer na Batalla de Little Bighorn en 1876. Logo da batalla os indios dispersáronse, e os cheyennes dividíronse en dous grupos, descoñecéndose durante moito tempo a situación do campamento de Estrela da Mañá,[9] que estaba entón nas Montañas Bighorn. Cando finalmente foi atopado, o 25 de novembro de 1876, os soldados americanos ao mando de Ranald S. Mackenzie destruírono por completo.[3] Os cheyennes pasaron entón o inverno no campamento de Cabalo Tolo no río Powder, e na primavera de 1877 rendéronse.[10] A maioría deles foron trasladados ao Territorio Indio de Oklahoma.
Por mor das febles poboacións de bisontes no sur, e incapacitados para cazar, a tribo padeceu fame e doenzas. A situación durou un ano, até setembro de 1878, cando Estrela da Mañá comezou a levar á tribo de volta ao norte, cara ás súas terras natais en Montana.[3][10]
Loitando a través de Kansas, os cheyennes foron capaces de evitar o exército federal até que foron capturados preto de Fort Robinson, en Nebraska. O 8 de xaneiro de 1879, a tribo tentaba escapar ó norte cando moitos dos cheyennes, maioritariamente mulleres e nenos, foron asasinados polo exército federal. Non obstante, unha pequena parte da tribo, incluíndo a Estrela da Mañá, conseguiu fuxir.
Estrela da Mañá morreu de causas naturais en 1883[2] e foi queimado nunha gran pira preto do río Rosebud, mirando á terra onde quedou a maioría do seu pobo.
Familia
Como era común entre os indios das grandes pradarías, Estrela da Mañá tivo dúas mulleres. A primeira delas foi unha muller pawnee, chamada simplemente Muller Pawnee (Pawnee Woman), que capturara aos pawnee, e quen lle deu catro fillas e un fillo. A súa segunda muller foi A Pequena (Short One), con quen tivo tres fillos varóns e tres fillas máis.[11]
En 1975 foi creado en Lame Deer, Montana o Chief Dull Knife College, unha institución de ensino superior que leva o seu nome pola importancia de Estrela da Mañá como xefe e líder do seu pobo. Entre as diferentes titulacións que ofrece, destacan os estudos en lingua e culturas cheyennes.[12]
Notas
↑ 1,01,1Segundo a ortografía do cheyenne estandarizada. Wayne Leman, Marie Sanchez, Leroy Pine Sr (2013). Lulu Enterprises Incorporated, ed. Cheyenne Dictionary. ISBN9781847287069.
↑As vogais en posición final vólvense xordas en cheyenne.
↑Os documentos cítano como Tah-me-la-pash-me; de ta (seu) + míla (gran coitelo) + péšni (desafiado).
↑Eugene Buechel SI, Paul Manhart SI (edición) (2002). University of Nebraska Press, ed. Lakota Dictionary: Lakota-English/English-Lakota. ISBN9780803261990.
Jason N. Palmer (autor); Spencer Tucker, James R. Arnold, Roberta Wiener (edición) (2011). ABC-CLIO, ed. The Encyclopedia of North American Indian Wars, 1607–1890: A Political, Social, and Military History. ISBN9781851096978.