Tȟašúŋke Witkó (en lingua lakota [tˣaʃʊ̃ke wɪtko] (AFI); literalmente vén a significar o seu cabalo está tolo), máis coñecido como Cabalo Tolo, nado en 1840 e finado o 5 de setembro de 1877 en Fort Robinson, Nebrasca, foi un home nativo americano e xefe prominente dos Lakota Oglala.
É coñecido por alzarse en armas contra o goberno federal dos Estados Unidos para loitar contra a invasión dos seus territorios e a destrución do modo de vida do pobo lakota. Liderou ó seu pobo na Batalla de Little Bighorn en xuño de 1876, da cal saíu vitorioso.
Finalmente, rematou por se render ás tropas dos Estados Unidos ante o xeneral Crook en 1877. Trala rendición, resultou fatalmente ferido por un garda militar por ofrecer unha suposta resistencia a ser encarcerado en Fort Robinson, na actual Nebrasca.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas