O Royal Bafokeng é un estadio multipropósito, mais principalmente dedicado á práctica do fútbol e do rugby, situado en Rustenburg, Suráfrica. Recibe o seu nome da Nación Royal Bafokeng que habita a zona, a cal construíu e xestiona o recinto. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Historia
Construído en 1999, orixinalmente para a práctica do rugby, o estadio foi adecuado para a práctica do fútbol de cara á Copa do Mundo. Tiña capacidade para 38.000 espectadores, mais para a disputa do Mundial de 2010 foi ampliado a 44.530 afeccionados.[1]
A remodelación do Royal Bafokeng completouse en marzo de 2009 para acoller catro partidos da Copa FIFA Confederacións 2009. Anteriormente fora escenario de moitos encontros da Premier Soccer League, a pesar de que Rustenburg non conta con equipo propio. Tamén neste estadio se xogaron encontros oficiais da selección de fútbol de Suráfrica.[2]
O Royal Bafokeng albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes: