O escudo da Unión Soviética mostra os tradicionais símbolos soviéticos da fouce e o martelo sobre un globo terráqueo, que é abrazado por dous feixes de trigo rodeados por unha cinta vermella co lema da URSS escrito nos distintos idiomas das Repúblicas Socialistas Soviéticas, en orde inversa ao que son citadas na Constitución da URSS. Dentro dos feixes e baixo o globo aparece un sol radiante, representante do porvir, e encima do conxunto unha estrela vermella de cinco puntas.
Historia
O escudo foi adoptado en 1924 e utilizouse até a desintegración da URSS en 1991. Tecnicamente falando, trátase dun emblema e non dun escudo de armas, xa que non respecta as normas heráldicas. Con todo, en ruso sempre foi chamado герб, a palabra usada para os escudos de armas tradicionais.
A República Socialista Soviética e a República Socialista Soviética Autónoma tiñan cadanseus propios escudos de armas, claramente inspirados no da Unión Soviética. O escudo da URSS tamén serviu de base para moitos outros escudos de estados socialistas, como a República Federal Socialista de Iugoslavia e a República Democrática Alemá.
Versións
Primeira versión (1923-1936)
O proxecto do escudo foi aceptado o 6 de xullo de 1923 na segunda sesión do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética e a versión completouse o 22 de setembro dese ano.
Este deseño fixouse na Constitución Soviética de 1924:
De acordo coa Constitución da Unión Soviética de 1936, a URSS constituíase en once repúblicas, agregándose os idiomas estoniano, letón, lituano, moldovo e finés, cun total de once cintas.
Terceira versión (1946-1956)
O número de repúblicas da URSS converteuse en dezaseis, pouco antes da Gran Guerra Patria, mais o Escudo cambiou para reflectir isto só despois da guerra. Por unha Decisión do Presidium do Soviet Supremo da URSS de 26 de xuño de 1946, as dezaseis repúblicas constituíntes están representadas no Escudo, pasando a ter dezaseis cintas co lema en (ademais dos anteriores): azarí, turcomán, uzbeko, taxico, casaco, kirguiz, actualizándose debido á transferencia do alfabeto latino ao alfabeto cirílico das respectivas repúblicas.
En 1956 a República Socialista Soviética Carelo-Finesa transformouse na República Autónoma Socialista Soviética de Carelia, o que se reflectiu no escudo da URSS. Nunha decisión do Presidium do Soviet Supremo da URSS de 12 de setembro de 1956, a cinta que levaba o lema en finés foi eliminada.[1]
Un cambio aínda máis pequeno introduciuse no lema en bielorruso por decisión do Presidium do Soviet Supremo da URSS, do 1 de abril de 1958.[1]