Escribidor riscado
O escribidor riscado[2] (Emberiza cia) é unha ave da familia das Emberizidae. Morfoloxía e HábitosÉ unha especie de 16 cm de lonxitude e peso de 25 gramos. Os machos presentan unha cabeza gris cinza cunha liña ocular negra. O bandullo é cor canela, namentres o resto do corpo é dun ton pardo avermellado. As femias e xoves son máis discretos e co peito manchado con faíscas escuras. Ave frecuente nas ladeiras soleadas e con predominio de chan pedregoso. Tamén se pode atopar en viñeiras. O seu límite de distribución son os 1500 metros de altitude. Reprodución![]() O período de cría vai de maio a xullo, podendo facer unha ou dúas postas no ano. O niño, con forma de cunca, acostuma estar no chan. Cada posta consta entre 3 e 5 ovos, cun tempo de incubación de 12-13 días. Os polos permanecen no niño entre 10 e 13 días trala eclosión. DistribuciónAve común no sur de Europa, Turquía e Cáucaso. Tamén no norte de África. Notas
Véxase taménBibliografía
|