Escola Lubiáns

Escola Lubiáns de Hockey e Patinaxe
CidadeCarballo, Galicia Galicia
Historia1983-presente
Fundado1983
PavillónPavillón Carballo Calero
(600 espectadores[1])
PresidenteGalicia David García Bermúdez
AdestradorGalicia Jorge Lamas "Cholo"
CompeticiónOK Liga Prata
Cores          Vermello e branco
Na rede
https://escolalubians.com
Facebook: escola.lubians Twitter: escolalubians Editar o valor en Wikidata

O Escola Lubiáns de Hockey e Patinaxe é un club galego de hóckey a patíns e patinaxe artística da cidade de Carballo. Foi fundado en 1983 e actualmente compite na OK Liga Prata. Os equipos de todas as categorías e seccións do club disputan as súas competicións como locais no Pavillón Carballo Calero da capital bergantiñá.

O club debe o seu nome á Ponte Lubiáns, de orixe romana, que une os concellos de Carballo e Coristanco cruzando o río Anllóns.

Historia

As orixes do club remóntanse a setembro 1983, cando o Concello de Carballo, facéndose eco da afección que a patinaxe espertaba na localidade, aproveitou a promoción duns cursos que a Deputación da Coruña estaba a realizar para a promoción deste deporte fora da capital coruñesa, creando unha escola de hóckey a patíns baixo a dirección do xogador do HC Liceo Alberto Galmán e patrocinada polo propio Concello. A pesar do alto custo que supuña a adquisición do material necesario para a práctica deste deporte, inscribíronse na escola máis de 100 rapaces e rapazas, polo que Galmán tivo que contar coa axuda do carballés Jesús M. Suárez Aran.[2]

Ese mesmo ano, na tempada 1983-84 inscribíronse os dous primeiros equipos de hóckey a patíns carballeses na categoría benxamín, competindo a nivel provincial baixo o nome de Bergantiños Calvo. Con todo, os problemas por non ter unha pista preparada para a práctica deste deporte en Carballo levaron aos equipos a disputar os seus partidos na cidade da Coruña, un problema que se prolongaría ata a tempada 1985-86.[2]

En xuño de 1984 constituíuse a primeira xunta directiva da Escola de Hóckey, por Eduardo Antonio Castro García. Aprobáronse os estatutos, o anagrama e decidiuse que o club se chamase Escola Lubiáns de Hóckey a Patins. A primeira directiva estaba composta por Andrés Breijo Castrillón como secretario, Teresa Díaz como tesoureira e Constantino Seoane, Luis González e Francisco Pichel como vogais. O anagrama da Escola foi realizado por Jaime Díaz Alonso e Narciso Varela Ferreiro, representando os arcos da ponte Lubiáns e unhas bólas e un stick de hóckey. Tito Argueso incorporouse ao cadro de adestradores do club.[2]

En 1984 construíuse o Pavillón Vázquez Mouzo no lugar da Grela, preto da zona de Carballo de Arriba, que custou 90 millóns de pesetas.[3] A inauguración do novo pavillón e a consecución da instalación dos valados regulamentarios posibilitou que na tempada 1985-86 o club puidese competir na vila logo de varios anos xogando na Coruña. Esa tempada o club puxo catro equipos en competición nas categorías benxamín, alevín e infantil.[2]

En 1996 o Concello de Carballo adaptou o recentemente construído Pavillón Bergantiños para a práctica do hóckey a patíns, o que propiciou o traslado dos adestramentos e partidos oficiais ao novo pavillón. O club realizou nese momento unha reestruturación cunha nova directiva e cadro técnico, puxo en marcha a Escola de Patinaxe, e realizou a esponsorización de todos os equipos, medidas que levaron á entidade un maior crecemento, especialmente nas categorías inferiores.[2]

Na tempada 1998-99 a Escola puxo seis equipos en competición en todas as categorías posibles, con equipos nos que, se ben a maioría dos xogadores eran de Carballo, tamén participaron rapaces doutros concellos próximos como Coristanco, Malpica de Bergantiños ou A Laracha, e mesmo outros máis afastados como Outes ou Muros. Foi esa tempada cando chegou o primeiro éxito do club ao clasificarse o equipo alevín ao sector como terceiro clasificado, en Alacant conseguiría proclamarse campión, e finalmente finalizaría na cuarta posición o Campionato Estatal disputado en La Felguera (Langreu).[2]

A tempada 2000-01 supuxo un fito na historia da entidade: o traballo realizado por Jesús Pena Nuñez, que deixou a entidade ese ano, durante os últimos anos traduciuse en éxitos deportivos, ao lograr meter a tres equipos (alevín, infantil e xuvenil) nos sectores de clasificación do Campionato de España (dos cales a categoría infantil pasou á final, quedando en cuarta posición).[4] Nese mesmo ano organizouse o I Torneo Escola Lubiáns Vila de Carballo, e a fase Sector infantil e a Final do Campionato de España da mesma categoría, coa participación de dous equipos galegos, un navarro, un canario, dous madrileños e dous cataláns, quedando campión o FC Barcelona e subcampión o Reus Deportiu, ocupando a terceira e cuarta praza o Patín Coruña e o Escola Lubiáns de Carballo; estes eventos supuxeron un éxito de público, organización e promoción do hóckey a patíns, así como promoción da propia vila.[2]

Etapa dourada

Na tempada 2002-03 o equipo xuvenil acadou o campionato galego, conseguindo acceder ao sector nacional, obxectivo que tamén logrou o equipo infantil. Na 2003-04 o equipo infantil acadou o campionato galego, e loitou en Getxo polo Campionato de España, torneo que tamén xogou o equipo júnior.[2]

En 2005 o Escola Lubiáns, da man de Manuel Souto, conseguía o ascenso a Primeira División.[5]

As seguintes tempadas cumpríronse os obxectivos de meterse nos sectores (na tempada 2004-05 o fixeron os xuvenís e os júnior, e na tempada 2005-06 os xuvenís). O último ano no que o Escola Lubiáns disputou un sector ata a data foi na tempada 2006-07, cando o logrou o equipo infantil, cun equipo xusto, sen un só troco en toda a tempada, conseguiu o terceiro lugar, posto que tamén ocuparían posteriormente na fase sector.[2]

Unha nova etapa

A partir da tempada 2006-07 prodúcese un cambio drástico, xa que os xogadores avanzan de categoría, mais por abaixo non hai novos alicerces. É cando a directiva decide dedicar todo o esforzo a crear unha nova base para o club. Nesta nova etapa levouse a cabo unha labor de captación nos colexios, de onde sae a renovación xeracional, presentada ante o público nunha nova edición do torneo, retomado logo de moitos anos.[2]

En 2012 o club creou a súa sección de patinaxe artítistica.[2]

En 2015 o equipo sénior, logo de eliminar ao Traviesas H.C. nos play-offs por 0-9 en Vigo e 7-1 en Carballo,[6][7] clasificouse para a primeira final a catro da Liga Sénior Autonómica que se disputou no Pavillón Castelao de Ordes, e que clasificaba ao equipo campión para disputar a fase de ascenso a Primeira Nacional contra os gañadores de Asturias, Castela e León e o País Vasco.[8] O equipo carballés comezou a fase final, disputada en formato de liguiña, cunha vitoria fronte ao H.C. Liceo por 5-4.[9] Con todo, na segunda xornada da final a catro caía fronte aos dous equipos do Compañía de María, por 3-2 fronte ao Compañía de María "B" no primeiro dos dous partidos da xornada, repetindo o mesmo resultado fronte ao equipo "A".[10]

Na tempada 2015-16 o equipo sénior presentouse coa única baixa de Pablo Añón, que asinara co RHC Lyon da Nationale 1 fracesa.[11] Esa tempada o equipo carballés conseguiu clasificarse de novo para disputar a final a catro por segundo ano consecutivo logo de eliminar nos cuartos de final ao A.C. Ordes, enfrontándose en Carballo a Compañía de María, A.A. Dominicos e HC Liceo.[12]

No verán de 2016 o club organizou xunto co Concello de Carballo a primeira edición do 3x3 Carballo, o primeiro torneo de hóckey a patíns tres contra tres organizado en Galicia e que foi avalado pola Real Federación Española de Patinaxe e que se disputou na fin de semana do 1 ao 3 de xullo.[13][14]

En 2017 o equipo de veteranos da Escola Lubiáns converteuse nun dos catro equipos que competiron na Liga Galega de Veteranos xunto a Liceo, Oleiros e Compañía de Ferrol.[15] Esa mesma tempada, logo dunha tempada irregular na que o equipo conseguiu finalizar na quinta posición a liga regular, o Lubiáns dirixido por Carlos Loureiro disputou o play-off clasificatorio para a final a catro da Liga Galega Sénior. O partido de ida disputouse no Pavillón Carballo Calero o 10 de marzo de 2018 fronte ao CH Compostela, cuarto clasificado na liga regular, finalizando cun empate a tres goles que deixaba aberta a eliminatoria, con todo, unha semana despois os carballeses caían nos últimos minutos do partido de volta por 2-0 no Pavillón de Vite, quedando fora da final a catro.[16][17][18]

Debut en categoría nacional

Logo da saída do club do adestrador Carlos Loureiro no verán de 2018 logo de 14 anos vinculado ao Escola Lubiáns, o ex xogador do club Jorge Lamas "Cholo" fíxose cargo do club nunha tempada marcada polos trocos, cun cadro de xogadores considerablemente renovado polas baixas e as novas incorporacións procedentes da base do club. Os obxectivos do club estiveron marcados polas modificacións no formato de competición coa creación da OK Liga Bronce, co que os tres primeiros clasificados da Liga Galega xogarán a liguiña de ascenso á nova categoría.[19] Os carballeses comezaron a tempada gañando o Torneo Villa de Gijón logo de derrotar aos anfitrións (2-5) e aos bilbaínos do Loyola Indautxu (8-0), torneo que os de Cholo utilizaron como preparación da Liga Galega que comezarían a fin de semana seguinte na súa casa fronte ao A.C. Ordes.[20]

Na liga o conxunto carballés realizou un grande inicio, manténdose imbatido nas oito primeiras xornadas, nas que colleitou sete vitorias e un só empate, o que lle permitiu liderar a táboa clasificatoria con 22 puntos.[21] O 10 de ferreiro de 2019 o Lubiáns conseguiu a clasificación para disputar a OK Liga Bronce logo de derrotar ao Dominicos "B" no Carballo Calero por 7-2 na derradeira xornada da Liga Galega e finalizar a competición na 3ª posición, a última que daba acceso á OK Liga Bronce, conseguindo deste xeito disputar unha categoría nacional por primeira vez nos seus 36 anos de historia. Os doce xogadores convocados para o partido foro: Javi, José (porteiros), Fabi, Chechu, Roi, Marcos, Manu, Nando, Chipi e Tato, aos que acompañaron ao longo da tempada Xoán (lesionado para o encontro decisivo) e Iván.[22][23][24][a]

O Lubiáns comezou a súa andaina en competición nacional o 24 de febreiro de 2019 fronte ao campión galego, o Dominicos, caendo 5-2 na Coruña.[26] O primeiro desprazamiento do equipo en categoría nacional tivo lugar o 9 de marzo na terceira xornada da OK Liga Bronce, cando se mediu en Grau (Asturias) ao Areces.[27] Os caballeses pecharon a súa primeira participación en categoría nacional o 9 de xuño en Pamplona cunha derrota fronte o Iruña HP (4-3) no pavillón UDC Rochapea.[28] Ao finalizar as 14 xornadas o equipo de Cholo ocupou a derradeira posición cun rexistro dun empate e 13 derrotas,[29] conseguindo o seu único punto en Carballo logo de empatar co Iruña HP a cinco goles.[30]

A principios de xullo de 2021 a Real Federación Española de Patinaxe comunicoulle ao club carballés o seu dereito a competir na OK Liga Bronce (terceira categoría do hóckey a patíns español) logo de finalizar a liga galega na terceira posición. Logo de procurar financiamento e as opcións de fichaxes para confeccionar un cadro de xogadores competitivo, o Lubiáns confirmou a súa participación na terceira categoría do hóckey a patíns español o 22 de xullo. Na nova categoría quedaría encadrado nun grupo xunto con outros dous equipos galegos, tres asturianos, un cántabro, dous vascos, dous navarros, dous castelán-leoneses e un aragonés.[31][32]

O 13 de maio de 2023 o club conseguiu o maior éxito na súa historia ata a data cando se proclamou campión do grupo norte da OK Liga Bronce logo de gañar ao Real Club Josaleta en Getxo (2-5) no que foi o seu derradeiro partido da tempada. O campionato ademais deulle ao equipo carballés o ascenso directo á OK Liga Prata, segunda categoría do hóckey a patína español.[33][34]

Pavillón

Entrada do Pavillón Carballo Calero de Carballo, fogar do Escola Lubiáns.

O Escola Lubiáns xoga os seus partidos como local no Pavillón Carballo Calero da capital bergantiñá. O pavillón encóntrase no Complexo Deportivo Carballo Calero, un recinto inaugurado en 1995. A súa pista de linóleo, de 44x22 m, foi renovada en 2008 e que posúe un sistema de cortinas que permite dividir a pista en tres espazos independentes. Conta cunha capacidade máxima para 600 persoas e unha bancada con 450 asentos.[1][35]

Adestradores

Adestradores do Escola Lubiáns
Nome Inicio Fin
Carlos Loureiro 2013 2018
Jorge Lamas "Cholo" 2018

Presidentes

Dende a súa fundación ata 2018 o club tivo seis presidentes. Eduardo Antonio Castro García foi a primeira persoa en asumir a presidencia da entidade carballesa durante os primeiros catro anos da súa historia. A persoa que máis tempo estivo á fronte do club foi Fernando Fidalgo Cerviño, que asumiu a presidencia durante dez anos entre 2005 e 2015. A seguinte táboa presenta a todas as persoas que presidiron o club carballés ao longo da súa historia:[36]

Presidentes do Escola Lubiáns
Nome Inicio Fin
Eduardo Antonio Castro García 1984 1988
Jesús Pallas Pose 1989 1991
Daniel Suárez Muiño 1992 1995
José Ramón Fernández Carballido 1996 2005
Fernando Fidalgo Cerviño 2005 2015
David García Bermúdez 2015

Logros

  • 1998-99: 4º posto no Campionato de España (alevín)
  • 2000-01: 4º posto no Campionato de España (infantil)
  • 2002-03: Campión Galego (xuvenil)
  • 2003-04: Campión Galego (infantil)

Notas

  1. A OK Liga Bronce é a liguiña de ascenso á segunda categoría do hóckey a patína español, a OK Liga Prata, que dende a tempoda 2019-20 reestruturouse en dous grupos e aumentou o número de equipos.[25]
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Instalacións" (PDF). Concello de Carballo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Historia". Escola Lubiáns. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  3. "O abandono condena o complexo deportivo da Grela, en Carballo". La Voz de Galicia. 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  4. Ferreiro, Jose´M. (2 de xullo de 2001). "Motivos personales llevan al entrenador Suso Pena a dejar el Club Escola Lubiáns". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  5. "El Escola Lubiáns Calvo celebra el ascenso recibiendo al Cedeira". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 2005. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  6. "El Escola Lubiáns Calvo disputará la «Final four» al eliminar al Traviesas". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  7. "El Escola Lubiáns derrotó a domicilio al Traviesas en la ronda de ida de la «final four»". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  8. "Final a Catro – Federación Galega de Patinaxe". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2020-03-19. 
  9. "El Lubiáns vence al Liceo y luchará hoy por el cetro gallego de hockey". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 2015. Consultado o 5 de setembro de 2018. 
  10. "El Escola Lubiáns tuvo la suerte en contra para ser campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  11. "El Escola Lubiáns comenzará a entrenar el 1 de septiembre". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  12. "Compañía, Dominicos, Carballo y Liceo se juegan el título gallego". La Opinión (en castelán). 15 de abril de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  13. "El club Escola Lubiáns coordina un torneo pionero en la Costa da Morte". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de febreiro de 2016. 
  14. "Exitosa primera edición del torneo 3x3 Carballo". Diario de Bergantiños (en castelán). 7 de xullo de 2016. 
  15. "El pasado es presente". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de outubro de 2017. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  16. "Arranca la fase final por el título, con el Escola Lubiáns-Compostela A". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de marzo de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  17. Rodríguez, Melissa (19 de marzo de 2018). "El Escola Lubiáns se queda fuera de la final a cuatro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  18. "Clasificacións". Federación Galega de Patinaxe. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  19. Rodríguez, Melissa (26 de setembro de 2018). "El Escola Lubiáns más renovado de los últimos años aspira alto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  20. "El Escola Lubiáns se adjudicó el Torneo Villa de Gijón de hockey". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2018. 
  21. "Doble victoria para un intratable Escola Lubiáns". Diario de Bergantiños (en castelán). 1 de novembro de 2018. 
  22. Longueira, Toni (10 de febreiro de 2019). "Los 12 llamados a la gloria se citan en el Carballo Calero". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  23. Longueira, Toni (10 de febreiro de 2019). "El Escola Lubiáns logra la proeza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  24. "LIGA SENIOR MASCULINA AUTONOMICA 2018/19" (en castelán). Federación Galega de Patinaxe. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  25. "45.- OK LIGA BRONCE". BASES DE COMPETICION HOCKEY SOBRE PATINES TEMPORADA 2018/2019 (PDF) (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  26. "Basket Xiria y Lubiáns comienzan con derrotas". Diario de Bergantiños (en castelán). 25 de febreiro de 2019. 
  27. "El Lubiáns pierde en la pista del Areces asturiano". Diario de Bergantiños (en castelán). 11 de marzo de 2019. 
  28. "Gran partido entre el Iruña hockey patines y el Escola Lubians para cerrar la temporada en la OK Bronce Norte". elespanol.com (en castelán). 9 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  29. "OK BRONCE - NORTE 2018/19" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  30. "El Lubiáns está virtualmente desahuciado en su año de debut histórico nacional". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  31. "El Calvo Lubiáns tiene plaza en la Ok Liga Bronce". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xullo de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  32. "El Lubiáns da el salto definitivo a la Ok Liga Bronce". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  33. Longueira, Toni (13 de maio de 2023). "El Escola Lubiáns Calvo gana la liga y asciende a la OK Plata de hockey". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2023. 
  34. "El Lubiáns, campeón de liga y nuevo equipo de Plata". Diario de Bergantiños (en castelán). 13 de maio de 2023. Consultado o 14 de maio de 2023. 
  35. "INSTALACIONES" (en castelán). www.3x3Carballo.com. Consultado o 18 de outubro de 2018. 
  36. "Organigrama. Tempada 2015-16". escolalubians.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2018. 

Read other articles:

American actor This article includes a list of references, related reading, or external links, but its sources remain unclear because it lacks inline citations. Please help improve this article by introducing more precise citations. (March 2024) (Learn how and when to remove this template message) Harry F. MillardeHarry Millarde in 1916BornNovember 12, 1885Cincinnati, Ohio, U.S.DiedNovember 2, 1931New York City, U.S.OccupationsFilm directoractorSpouseJune Caprice (m.1923)ChildrenToni Seven Ha...

 

عملية أتلانتا جزء من القرصنة في القرن الإفريقي    التاريخ 8 ديسمبر 2008  الموقع خليج عدن  تعديل مصدري - تعديل   مناطق القرصنة في المحيط الهندي. عملية أتلانتا هي عملية عسكرية حالية تقوم بها القوة البحرية التابعة للاتحاد الأوروبي تهدف إلى منع ومُكافحة أعمال القرص...

 

Stasiun Toyomi豊実駅Stasiun Toyomi pada Juli 2014LokasiToyomi, Aga-machi, Higashikambara-gun, Niigata-ken 959-4304JepangKoordinat37°40′50″N 139°34′35″E / 37.6806°N 139.5763°E / 37.6806; 139.5763Koordinat: 37°40′50″N 139°34′35″E / 37.6806°N 139.5763°E / 37.6806; 139.5763Operator JR EastJalur■ Jalur Ban'etsu BaratLetak121.3 km dari KōriyamaJumlah peron1 peron sampingJumlah jalur1Informasi lainStatusTanpa stafSitus web...

Cet article est une ébauche concernant une localité italienne et le Trentin-Haut-Adige. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Sagron Mis Administration Pays Italie Région Trentin-Haut-Adige  Province Trentin   Code postal 38050 Code ISTAT 022164 Code cadastral H666 Préfixe tel. 0439 Démographie Gentilé gnodoli Population 182 hab. (1er janvier 2023[1]) Densité 17 hab./km2 Géo...

 

1954 Connecticut Attorney General election ← 1950 November 2, 1954 1958 →   Nominee John J. Bracken Samuel J. Tedesco Party Republican Democratic Popular vote 471,770 458,189 Percentage 50.7% 49.3% County resultsBracken:      50–60%Tedesco:      50–60% Attorney General before election William L. Beers Republican Elected Attorney General John J. Bracken Republican Elections in Connecticut Federal government ...

 

Streaming pay TV service provider DirecTV StreamFormerlyDirecTV Now (2016–2019)AT&T TV (2019–2021)Company typeDivisionIndustryPay televisionFoundedNovember 30, 2016; 7 years ago (2016-11-30)HeadquartersEl Segundo, California, United StatesArea servedUnited StatesServicesOTT Internet TelevisionParentDirecTVWebsitestreamtv.directv.com DirecTV Stream (formerly DirecTV Now and AT&T TV) is a family of streaming multichannel television services offered in the United St...

German pianist The neutrality of this article is disputed. Relevant discussion may be found on the talk page. Please do not remove this message until conditions to do so are met. (October 2020) (Learn how and when to remove this message) Kalkbrenner by Henri Grévedon, 1829 Friedrich Wilhelm Michael Kalkbrenner (7 November 1784 – 10 June 1849), also known as Frédéric Kalkbrenner, was a pianist, composer, piano teacher and piano manufacturer. German by birth, Kalkbrenner studied at the Con...

 

Le Duché de Turin fut un des duchés institués par les Lombards en Italie. Il y a assez peu d'informations sur son fonctionnement interne ; même la date de création du duché est incertaine bien qu'il remonte probablement au lendemain de l'occupation lombarde de la ville en 569. Histoire Théodelinde de Bavière, fresque des Zavattaris dans la Chapelle de Théodelinde à Monza, 1444 Le VIe siècle Le premier duc de Turin identifié par Paul Diacre est Agilulf, qui en 591 devient roi ...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أكتوبر 2018) ماخارادزي كاخي معلومات شخصية الميلاد 20 أكتوبر 1987 (37 سنة)  تبليسي  الطول 1.87 م (6 قدم 1 1⁄2 بوصة) مركز اللعب وسط الجنسية جورجيا  معلومات الناد...

Chronologies Chronologie Disney 1930 1931 1932  1933  1934 1935 1936Décennies :1900 1910 1920  1930  1940 1950 1960  Actualités de l'année Chronologie dans le monde 1930 1931 1932  1933  1934 1935 1936Décennies :1900 1910 1920  1930  1940 1950 1960Siècles :XVIIIe XIXe  XXe  XXIe XXIIeMillénaires :-Ier Ier  IIe  IIIe Chronologies géographiques Afrique Afrique du Sud, Algérie, Angola, Bénin, Botswana,...

 

Michael Francis Atiyah Medaglia Fields nel 1966 Medaglia Royal 1968 Medaglia De Morgan 1968 Medaglia Copley 1988 Premio Abel 2004 Michael Francis Atiyah (Londra, 22 aprile 1929 – Edimburgo, 11 gennaio 2019) è stato un matematico britannico, noto per i suoi numerosi contributi alla geometria. È cresciuto in Sudan e in Egitto, ma ha trascorso gran parte della sua carriera accademica a Oxford, Cambridge e Princeton. Indice 1 Biografia e carriera 2 Contributi 3 Onorificenze 4 Note 5 Bibliogra...

 

Fabrizio CicchittoFabrizio Cicchitto nel 2006 Presidente della 3ª Commissione Affari Esteri della Camera dei deputatiDurata mandato7 maggio 2013 –22 marzo 2018 PredecessoreStefano Stefani SuccessoreMarta Grande Vicecoordinatore nazionale di Forza ItaliaDurata mandato2003 –2008 PresidenteSilvio Berlusconi PredecessoreMario Valducci SuccessoreGianfranco Micciché Deputato della Repubblica ItalianaDurata mandato5 luglio 1976 –11 luglio 1983 Durata...

Частина серії проФілософіяLeft to right: Plato, Kant, Nietzsche, Buddha, Confucius, AverroesПлатонКантНіцшеБуддаКонфуційАверроес Філософи Епістемологи Естетики Етики Логіки Метафізики Соціально-політичні філософи Традиції Аналітична Арістотелівська Африканська Близькосхідна іранська Буддій�...

 

Федерация Сент-Китс и Невисангл. Federation of Saint Kitts and Nevis Флаг Герб Девиз: «Country Above Self»«Страна превыше личных интересов» Гимн: «O Land of Beauty!» Дата независимости 19 сентября 1983 года (от Великобритании) Официальные языки английский Столица Бастер Крупнейший город Бастер Форма п�...

 

1989 studio album by Tim FinnTim FinnStudio album by Tim FinnReleasedApril 1989GenrePopLength40:20LabelCapitolProducerMitchell FroomTim Finn chronology Big Canoe(1986) Tim Finn(1989) Before & After(1993) Singles from Tim Finn How'm I Gonna SleepReleased: March 1989 ParihakaReleased: June 1989 CrescendoReleased: July 1989 Not Even CloseReleased: February 1990 Tim Finn is the third studio album by New Zealand singer/songwriter Tim Finn. The album was released in April 1989 and peak...

Suburb of Sydney, New South Wales, AustraliaBotanySydney, New South WalesBotany School of Arts (1867), Botany RoadMapPopulation12,960 (2021 census)[1] • Density1,066.6/km2 (2,762/sq mi)Postcode(s)2019Elevation6 m (20 ft)Area7 km2 (2.7 sq mi)Location11 km (7 mi) south of Sydney CBDLGA(s)Bayside CouncilState electorate(s)MaroubraFederal division(s)Kingsford Smith Suburbs around Botany: Sydney Airport Mascot Pagewood Sydney A...

 

This article is about the current branch of the Australian Labor Party. For the period during the 1930s when the branch was briefly expelled from the Australian Labor Party, see Lang Labor. For the defunct left–wing Labor organisation that existed during the 1940s, see State Labor Party. Political party in Australia New South Wales Labor PartyAustralian Labor Party (New South Wales Branch) LeaderChris MinnsDeputy leaderPrue CarGeneral secretaryDominic OffnerPresidentMichelle RowlandFoun...

 

American astronomer Dorothea Klumpke RobertsBorn(1861-08-09)August 9, 1861San Francisco, CaliforniaDiedOctober 5, 1942(1942-10-05) (aged 81)San Francisco, CaliforniaAlma materSorbonne UniversitySpouseIsaac RobertsAwardsOfficier d'Académie of the French Academy of Sciences; Chevalier de la Légion d'HonneurScientific careerFieldsastronomyInstitutionsParis, France; Sussex, EnglandThesis L'étude des Anneaux de Saturne  (1893) Dorothea Klumpke Roberts (August 9, 1861 in San Franc...

Chronologies Liste d'élections 1988 1989 1990  1991  1992 1993 1994 Chronologie dans le monde 1988 1989 1990  1991  1992 1993 1994Décennies :1960 1970 1980  1990  2000 2010 2020Siècles :XVIIIe XIXe  XXe  XXIe XXIIeMillénaires :-Ier Ier  IIe  IIIe Chronologies géographiques Afrique Afrique du Sud, Algérie, Angola, Bénin, Botswana, Burkina Faso, Burundi, Cameroun, Cap-Vert, République centrafricaine, Comores, République ...

 

Former British railway company Not to be confused with the 19th century Great North of England Railway (GNER). Great North Eastern RailwayInterCity 125 HST at London King's Cross in 2007OverviewFranchise(s)InterCity East Coast28 April 1996 – 8 December 2007Main region(s) London East of England East Midlands Yorkshire North East England Scotland Fleet size 11 InterCity 125 HST sets 31 InterCity 225 sets Stations called at53Stations operated12Parent companySea ContainersReporting markGRPredec...