Real Club Josaleta

Real Club Josaleta
CidadeGetxo, Euskadi
Historia1933 (club polideportivo)
Fundado1933
PavillónPolideportivo do RC Josaleta
PresidenteFernando Lecanda Garmendi (presidente da entidade)
Guillermo de la Puerta Olabarría (vocal de hóckey a patíns)
CompeticiónLiga Norte
Cores          Azul e amarelo
Na rede
https://www.jolaseta.com/
Facebook: RCJolaseta Twitter: RCJolaseta Instagram: rcjolaseta Editar o valor en Wikidata
Sitio web
Sitio web oficial

O Real Club Josaleta é un club polideportivo e social de carácter privado do barrio de Neguri, na cidade de Getxo, Euskadi. Foi fundado en 1933 e conta con catro sección deportivas federadas: hóckey herba, hóckey a patíns, pádel e tenis. Trátase do terceiro club máis grande de Biscaia en volume de socios, por detrás do Athletic Club de Bilbao e o Club Basket Bilbao Berri.

Historia

As orixes do club remóntanse ao 22 de marzo de 1933, cando se redactou o primeiro Regulamento Social do Club (daquela denominado Sociedad Campos de Sport de Jolaseta), aínda que a existencia das instalacións deportivas se remonta a máis de vinte anos antes desta data.

A Sociedad de Terrenos de Neguri, entidade inmobiliaria fundada o 24 de marzo de 1933, destinara parte das súas propiedades á práctica deportiva e actividades recreativas, como un campo de fútbol (no que xogaron o Athletic Club de Bilbao e o Arenas de Getxo, campos de tenis de cemento, unha pista de patinaxe, un campo de tiro e un edificio social.

A sociedade que rexera estas instalacións nunca tivera un carácter deportivo, senón máis ben de explotación das instalacións, ata que a Sociedad Campos de Sport de Jolaseta quedou deportiva e regulamentariamente constituída en 1933, iniciando a súa actividade deportiva con tres modalidades: fútbol, hóckey herba e tenis.

En 1943, o Conde de Barcelona, Juan de Borbón y Battenberg, concedeu ao Club o dereito a empregar a distinción de Real, pasando o club a adoptar a denominación de Real Club Jolaseta.

Ao longo da súa historia o club foi introducindo outras disciplinas deportivas como a natación, o hóckey a patíns, ou o pádel, e organizando diversos campionatos a nivel estatal e internacional. O Josaleta é ademais o único equipo vasco que competiu na OK Liga, máxima categoría do hóckey a patíns español.

Véxase tamén

Ligazóns externas