A dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae) é unha das máis grandes familias de elasmobranquios, da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), coñecidos vulgarmente como melgachos (en sentido amplo, incluíndo tamén as roxas e as zapatas), xa que conta cunhas 150 especies distribuídas en 17 xéneros.
Viven en augas temperadas e tropicais en mares de todo o mundo, desde a zona intermareal até profundidades de 2 000 m ou máis, dependendo das especies.[2]
Características
Os melgachos poden distinguirse doutrois tiburóns de pequeno tamaño polos seus ollos alongados que recordan aos dun gato (por iso en moitos idiomas dáselles o nome de peixes gatos ou outrkis poarecidos) e polas súas dúas pequenas aletas dorsais. A maioría das especies non son particularmente grandes, con lonxitudes de 60 a 70 cm aproximadamente, aínda que unha especie que habita nas augas profundas do mar da China Meridional alcanza os 4 m de longo.
↑Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2009): Scyliorhinidae en FishBase. Versión de xaneiro de 2009. FishBase. Scyliorhinidae Consultada o 22/11/2012.