Ernesto Padín Lorenzo, nado en Redondela o 13 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 19 de abril de 1970, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Procurador, foi secretario particular do deputado a Cortes por Redondela Francisco de Federico Martínez e xefe de administración do Ministerio de Facenda en Madrid. Foi redactor do diario Mundo e da revista Semana Financiera e colaborou en El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), El Pueblo, La Revista Popular e El Soplete. Publicou en 1932 Amores e dolores. Poesías gallegas con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Tiña preparado outro poemario en castelán, Flores y abrojos, do que se publicaron algúns poemas en periódicos. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Obras
- Amores e dolores. Poesías gallegas, 1932.
Vida persoal
Casou con María Muñoz de la Espada Moya.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas