Francisco de Federico Martínez

Modelo:BiografíaFrancisco de Federico Martínez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco de Federico y Martínez Editar o valor en Wikidata
15 de abril de 1846 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1910 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro de camiños Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFrancisco de Federico Riestra Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5309211


Francisco de Federico Martínez, nado en Madrid o 15 de abril de 1846 e finado na mesma cidade o 13 de abril de 1910[1], foi un enxeñeiro e político español.

Traxectoria

Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega de Armijo iniciou a súa carreira política no Partido Liberal sendo elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1893. Volveu ser elixido deputado polo distrito da Estrada en 1896. Nas eleccións de 1898 volveu ser elixido por Redondela, escano que volveu obter nas sucesivas convocatorias electorais que se celebraron ata 1910. Foi ministro de Fomento entre o 4 de decembro de 1906 e o 25 de xaneiro de 1907 nun un goberno presidido por Antonio Aguilar Correa.

Casou con Teresa Riestra López, filla de Francisco Antonio Riestra e irmá de José Riestra López. Foi pai de Francisco de Federico Riestra.

Predecesor:
Rafael Gasset Chinchilla
Ministro de Fomento

1906 - 1907
Sucesor:
Augusto González Besada

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas